Nun entorno paradisíaco os socialistas camariñáns celebraron a súa séptima festa anual
Nun entorno paradisíaco os socialistas camariñáns celebraron a súa séptima festa anual

500 socialistas na Praia do Ariño

Como ven sendo habitual nestes últimos exercicios, ca chegada das datas veraniegas os socialistas camariñáns apodéranse das paraxes paradisíacas do Areal do Ariño por un día. Este ano decidiron adiantar ao sábado 26 de xuño unha festa que habitualmente celebrábase ata o de agora no mes de xullo e que segundo datos facilitados pola organización logrou congregar unha cantidade próxima aos 500 visitantes no día grande do PSOE no Concello de Camariñas. Xentes chegadas das diferentes parroquias que compoñen o noso concello puideron degustar pola módica cantidade de seis euros un menú campestre no que o churrasco era o rei para posteriormente asistir a uns discursos que tiveron lugar na hora da sobremesa: alí destacou a presentación do acto como speaker por parte de Marcial Mouzo e a actuación dun Pichurri que como mandan os cánones socialistas empuñou o micrófono pañuelo bermello ao cuello. Camarinas.eu, a web que acude aos actos políticos daqueles partidos que teñen a mínimo detalle de enviar unha nota de prensa que nos poña en situación, estivo presente e captou unha amplia galería fotográfica de 90 imaxes na que destacan un sinfín de caras coñecidas dentro do socialismo camariñán.

Engadir un comentario