3.8452380952381 1 1 1 1 1 Rating 3.85 (84 Votes)

O Retorno das charlas co Alcalde

Momento no que Pichurri fala ca cerca de cincuentena de veciños que se acercaron pola Casa de Pedra
Momento no que Pichurri fala ca cerca de cincuentena de veciños que se acercaron pola Casa de Pedra

¿Cal é a diferencia entre unha charla do alcalde cos veciños e un mitin? Aquí en camarinas.eu non temos nin a máis mínima idea sobre tan crucial cuestión e por elo ahí a deixamos para que o noso fiel e intelexente electorado se pronuncie. O caso é que como mediante email dirixido á dirección de camarinas.eu fomos avisados da charla que ía ter lugar as 17:00 deste sábado 6 de marzo na Casa de Pedra, alí nos presentamos para tomar nota do que se falara. O día que outros teñan o detalle de facernos saber por unha vez os seus actos programados ou a visita ao concello de importantes gerifaltes políticos do seu partido alí estaremos.

E Pichurri tomou a palabra e falou... Falou de que cerca do 70 % das alegacións que se presentaron ao Plan Xeral de Ordenación Municipal serán recollidas na modificación do PXOM e que antes de fin de ano se vai a aprobar provisionalmente. Falou das obras que se están facendo en todo o concello. Falou da basura, de que temos que concienciarnos en reciclar o máximo posible e reciclar ben, si non veñen as multas de SOGAMA e finalmente falou  como punto estrella da tarde acerca dun proyecto para arranxar a Calle do Castillo por 500.000 euros.

Engadir un comentario