3.5633802816901 1 1 1 1 1 Rating 3.56 (71 Votes)
Os sucesivos combates dialécticos entre Pichurri e Daniel animaron o último pleno ordinario do 2009
Os sucesivos combates dialécticos entre Pichurri e Daniel animaron o último pleno ordinario do 2009

Un Pleno combativo e animado

O último Pleno ordinario do ano no Concello de Camariñas parecía que ía correr a mesma sorte do anterior, tranquilo e insustancial según ían caendo os puntos incluidos na orde do día, cando chegado o turno das mocións o ambiente caldeouse ata niveis volcánicos dando lugar a un pleno moi animado e de ritmo trepidante onde as sucesivas réplicas e contrarréplicas, sobre todo a conta do destino da 3ª Fase do Paseo Marítimo camariñán, mostraron a cara máis combativa dos dous primeiros espadas municipais facendo que as dúas horas e cuarto de duración do Pleno discurriran de forma máis amena do que normalmente suele acontecer. Pulsa na portada para ler a crónica do que aconteceu o 27/11/2009 na Casa do Concello e ver unha pequena galería fotográfica.

Comenzaba como de ordinario o Pleno as 20:00 horas en punto e procedía a aprobarse en primer lugar o reglamento e ordenanza fiscal do servizo de axuda no fogar que establece segundo a orde da Xunta de Galicia unha tarifa progresiva que terá en conta a renta dos usuarios do referido servizo, quedando exentos de pago os de rentas máis baixas. De seguido aprobouse a delegación na Deputación Provincial da instrucción dos expedientes das multas de tráfico que impoña a Policía Local, así que queridos asiduos ao Pavillón Municipal camariñán xa quedades avisados. Posteriormente aprobábase o Plan de Obras e Servizos municipal financiado pola Deputación para o 2010 que inclúe como obra a pavimentación da Rúa Bico da Praia de Arou e que por vez primeira destina máis de 70.000,00 euros a gasto corrente do concello para o vindeiro exercicio.
Ata aquí todo normal e apacible, pero foi ca lectura das mocións dos partidos políticos cando o pleno se animou de forma considerable. Primeiro unha a conta da Lei de Dependencia do Goberno de Madrid, despois pola desaparición de un centro de loita contra a contaminación marina en Coruña, e finalmente co tan importante e vital tema para este pobo da 3ª Fase do Paseo Marítimo, onde se viron os mellores momentos da noite por parte das dúas partes contendentes. Neste punto o PSOE pedíalle a Portos de Galicia que acometera como prioridade absoluta a realización da citada 3ª fase mentras o PP centrábase no dique de abrigo, a reorganización do muelle e a 3ª fase do paseo marítimo. Este punto foi o máis polémico xa que segundo Pichurri o presidente de Portos de Galicia Álvarez Campana obrigáralles a elexir un só proxecto para o noso porto dado que os cartos non daban para todo. Despois viñeron o turno de rogos e preguntas, onde Daniel Rego preguntou polo destino dos cañóns do Castelo do Soberano ao que o alcalde respondeu que están custodiados polo concello dende hai tempo nun local próximo ao pavillón municipal, e finalmente cara ás 22:15 remataba o último pleno ordinario do ano.

Engadir un comentario