3.4705882352941 1 1 1 1 1 Rating 3.47 (85 Votes)
Camariñas e Offida dous concellos moi lonxanos e dispares pero unidos pola beleza do encaixe de bolillos
Camariñas e Offida dous concellos moi lonxanos e dispares pero unidos pola beleza do encaixe de bolillos

O irmán latino de Camariñas

En principio cando se observan as impresionantes imaxes dos seus monumentos históricos, do seu casco antigo, dos seus carnavais ou da súa igrexa románico-gótica do século XIV, un redactor pregúntase seriamente si estas boas xentes do municipio italiano de Offida non estarán engañadas ao intentar irmanarse con Camariñas. Callexuelas de pedra, unha fortaleza centenaria a proba de terremotos, xardíns que colgan sobre a colina... frente a un casco urbán como o camariñán (feísmo arquitectónico en estado puro) tras décadas de urbanismo destartalado e salvaxe. Pero despois un entérase que este concello de pouco máis de 5.000 habitantes ubicado no centro de Italia, provincia de Ascoli Piceno, posúe ademáis unha das tradicións de encaixe de bolillos (o así chamado merletto) máis fermosa e antiga da Península Itálica.

O caso é que hai uns días recibíase no Concello de Camariñas unha carta fechada o 22 de outubro de 2009 e asinada polo Síndico da Administración Comunal de Offida ("Dott. Valerio Lucciarini di Vicenzi") e redactada en tres idioamas: italiano, castelán e galego. Nesta misiva ademáis de invitar ao alcalde camariñán a realizar unha visita ás soleadas terras itálicas propoñía xa en firme a formalización dun irmanamento entre ambos concellos co obxectivo declarado de activar diversas formas de colaboración entre pobos de "linguas e costumes diferentes". O que realmente latía detrás desta invitación era o desexo de profundizar na cooperación entre dous concellos vencellados pola arte milenaria do encaixe, que nas terras itálicas levou incluso á constitución dunha importante cooperativa para a súa explotación e á celebración no estival mes de agosto dunha festa de encaixe que inclúe un competitivo torneo no que o vencedor recibe o así chamado Fusello D'Oro, e do que non debe descartarse que servira de modelo primixenio da nosa Feira da Palilleira que este mes de agosto cumprío a súa segunda edición con premio incluido.

Trataríase pois do segundo irmanamento consecutivo dun Concello de Camariñas que parece querer irrumpir con forza no taboleiro xeopolítico internacional formalizando ambiciosas alianzas xeoextratéxicas con veciños de alonxadas e distintas latitudes (recórdese o Irmanamento, con viaxe incluida, no mes de xuño co Ayuntamiento de Ingenio, Illa de Gran Canaria). Neste punto cómpre recordar que xa que os nosos irmáns xornalísticos da TV de Ingenio co gallo de irmanamento non invitaron aos dous destartalados administradores da web líder da Costa Atlántica a unha fin de semana a gastos pagos en tan tropical e paradisíaco lugar, esperemos que exista unha web líder da Costa Atlántico-Adriática no noso xa querido e irmanado concello de Offida que se acorde destes dous humildes pecadores. Polo menos é o que se acostuma na esfera das altas relacións internacionais.

Comentarios   

Giuseppe
0 # Un salutoGiuseppe 10/11/2009 18:17
Desde Offida... un saludo a todos los futuros amigos de Camarinas!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # SALUTEM PLURIMANBeldoña 11/11/2009 17:44
Pues,desde Camariñas,otro "SALUTEM PLURIMAN" A OFFIDA.

Un poco más al Norte,en Padova vive, desde hace unos años, mi hija Raquel.
Viva Italia y Offida,nuestra hermana latina.

Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
Antonio Martin
0 # Bien por el hermanamientoAntonio Martin 11/11/2009 18:23
Recientemente estuve visitando la zona de Italia donde se encuentra Offida, y conociendo como conozco Camariñas, tan diferentes, una en zona montañosa con clima continental rodeada de viñedos y olivos, y la otra en plena costa da morte, marinera ella que desde las últimas obras de su fachada marítima ha mejorado mucho.
Voto por su hermanamiento, pues siendo tan diferentes tienen una cosa en común, EL ENCAJE.

Molto bene Miriam y Giussepe

Gracias y un abrazo
Responder | Denunciar ante o administrador
mami
0 # Bien por el empeñomami 11/11/2009 20:41
La idea y la propuesta de este hermanamiento ha sido de Miriam Martín Sastre y de Giuseppe Ricci que viven muy cerca de Offida y a quienes les llamó la atención la coincidencia en la fabricación de sus encajes, ya que Miriam hasta hace muy poco vivía en A Coruña y por supuesto conocía Camariñas y su famosa artesanía.
Voto por este hermanamiento ya que he tenido la oportunidad también de conocer Offida al ir a visitar a Miriam y creo que estos dos pueblos también tienen en común sus maravillosas gentes y como no "el encaje"
Responder | Denunciar ante o administrador