3.3529411764706 1 1 1 1 1 Rating 3.35 (51 Votes)

Un Pleno tranquilo

Sandra Insua foi a encargada de presidir un pleno marcado pola ausencia por vacacións de Pichurri
Sandra Insua foi a encargada de presidir un pleno marcado pola ausencia por vacacións de Pichurri

 A finais de cada mes impar do calendario ten lugar o Pleno Ordinario do Concello de Camariñas, caracterizado por atraer a máis prensa e público do normal e cun turno de rogos e preguntas que pode facer que o ambiente se caldeé ata temperaturas volcánicas. Non foi este o caso do Pleno celebrado este venres 25 de setembro de 2009 e que viña caracterizado pola ausencia dun Pichurri de vacacións polo levante español, pola asunción das funcións de alcalde por parte de Sandra Insua Rial e pola toma de posesión como novo concelleiro do PSOE de José Luis Rodríguez Tajes. Pulsa na imaxe para coñecer os principais puntos tratados e unha pequena galería fotográfica.

Un Pleno tranquilo

A finais de cada mes impar do calendario ten lugar o Pleno Ordinario do Concello de Camariñas, caracterizado por atraer a máis prensa e público do normal e cun turno de rogos e preguntas que pode facer que o ambiente se caldeé ata temperaturas volcánicas. Non foi este o caso do Pleno celebrado este venres 25 de setembro de 2009 e que viña caracterizado pola ausencia dun Pichurri de vacacións polo levante español, pola asunción das funcións de alcalde por parte de Sandra Insua Rial e pola toma de posesión como novo concelleiro do PSOE de José Luis Rodríguez Tajes.

Entre os puntos tratados encontrábase o de achegar o crédito necesario para as obras de Iluminación na Avenida Eugenio López ou de dispoñer a aportación municipal para as obras de Pavimentación do entorno do Mercado Municipal e Rúa Real de Camariñas, inversión que financiará na súa maior parte a Deputación Provincial a realización dunha modificación de crédito ou a aprobación do II Plan de Igualdade no noso concello. Pero dos puntos incluidos na orde do día o máis importante era o da toma de posesión como novo concelleiro de José Luis Rodríguez Tajes que sustitúe ao concelleiro socialista pola Ponte de Porto.
 
Despois no turno de rogos e preguntas, os populares interrogaron pola actual situación do Castelo do Soberano, o cal foi adquirido recentemente polo noso usuario Juan Camariñán que terá nestas páxinas todo o noso apoio (y más) para calquer proxecto que pretenda acometer para restaurar o noso querido castelo derruido, xa que a iniciativa privada atopará en camarinas.eu un santuario para a súa defensa incondicional. Neste punto, Sandra Insua respondeu que o concello non ten entre os seus obxectivos o da compra do castelo. Tamén foi discutido o tema dos días festivos para o 2010, sendo propostos polo PP o 23 de abril (que caerá en venres) e o 16 de xullo, aprobándose finalmente o martes de carnaval e o día do Carme. Tamén o concello tomará cartas no asunto para tratar de rebaixar algo as abusivas tarifas que as compañías electricas están a impoñer aos nosos veciños, recollendo neste punto a preocupación dos populares camariñáns. Respecto ás goteiras do Pavillón Polideportivo da Ponte do Porto, Sandra Insua adiantou que as obras de arranxo do mesmo corrrerán a cargo da Deputación Provincial por un importe próximo aos 60.000 euros. En definitiva, un pleno tranquilo e sosegado que despois de unha hora de duración, preto das 21:00 horas, era levantado sen maiores inconvintes.

Engadir un comentario