3.2388059701493 1 1 1 1 1 Rating 3.24 (67 Votes)

A concelleira do PSOE por Camelle Mercedes Martín remite a camarinas.eu unha personalísima nota de prensa
A concelleira do PSOE por Camelle Mercedes Martín remite a camarinas.eu unha personalísima nota de prensa

Bueno, ben sabedes que aquí en camarinas.eu non somos moi dados á política e que prudentemente en todo aquel incendiario e polémico tema da Planta da Xandriña nos mantuvemos á marxe, pero sempre procederemos dende a nosa máis estricta neutralidade e obxectvidade a publicar todas aquelas notas de prensa que os partidos políticos camariñáns ou os seus integrantes nos remitan. Desta volta a concelleira socialista por Camelle, Mercedes Martín, envíanos unha incendiaria carta onde carga contra "os camelláns de fin de semana" e afirma que ca decisión da Xunta de Galicia de suprimir a planta acuícola da Xandriña Camelle perderá unha oportunidade histórica. Pulsa na imaxe para ler a nota de prensa remitida por Mercedes Martín.

GRACIAS OS VECIÑOS DE “FIN DE SEMANA”, CAMELLE VAI PERDER A OPORTUNIDADE DA SUA VIDA

Dende o Grupo Municipal Socialista,  lamentamos as declaracións que fixeron públicas veciños de “fin de semana” da AAVV a “Pergoliña” de Camelle.

  • O primeiro é que as declaracións feitas, non se corresponden coa realidade, nin afectan os propietarios das fincas, nin dos veciños de Camelle. Si algo quedou claro no proceso e explicación do Plan Acuícola, foron as mentiras e as manipulacións que “algun veciño de fin semana”, trasladou a poboación, aterrorizando a moitos dos nosos maiores, dicindo que lles ían roubar as fincas ou envelenar o seu mar.
  • Esta Corporación e este grupo socialista, ten a obriga legal, política e moral de defender os intereses colectivos de todos os Camariñans, incluídos os da parroquia de Camelle, e seguiremos pelexando porque en Camariñas e en Camelle, se creen oportunidades de traballo para aqueles que libremente queiran, vivir no mesmo sitio onde naceron eles, os seus pais, e os seus avós.
  • Si a decisión que tomou Nuñez Feijoo se concreta, todo o pobo de Camelle e todo o conxunto do pobo de Camariñas, ten que saber que grazas a “algún veciño de fin de semana” perdemos unha oportunidade de traballar e xerar riqueza no noso municipio, e a única oportunidade que agora se nos ofrece, é a de emigrar o perder poboación, que nos últimos 10 anos foi dun 25% nesta parroquia.
  • Aqueles que manipularon e mentiron dicindo que lles ían roubar as leiras, non teñen porque saber a cantidade de propietarios que chamaron o Concello o que falaron individualmente cos nosos concellais,  para interesarse polas condicións en que  a Xunta, presidida por Touriño, quería mercar as súas fincas. A todos informamos que a Xunta estaba disposta a pagar ata 15 euros/metro cadrado para que eses terreos pasasen a ser propiedade de todos os galego/as
  • Que lle expliquen hoxe “os veciños de fin de semana” aos seus pais, aos seus avós e aos seus coñecidos a perda dunha oportunidade semellante dende o punto de vista económico, dende o punto de vista laboral e dende o punto de vista social para todos os habitantes de Camelle e de Camariñas.
Dende o noso grupo vamos seguir defendendo o que consideramos que é mellor para o conxunto da poboación, como fixemos xa ca prolongación do dique de abrigo, a rexeneración da praia, a depuradora de augas residuais, a mellora das rúas e a Fundación Man.

 

Comentarios   

Dino dos paus
0 # Dino dos paus 18/09/2009 22:57
Vou a opinar sobre as palabras desta señora, con todos os meus respetos.

Primeiro: Non me parese bén que lles chame mentirosos a personas que eu conoso e sei que sólo estan defendendo as súas terras ou as dos seus pais ou abós, non teñen ningún outro fin, nin electoral, nin económico, nin politico como vostede.

Segundo: Mira que vostede, presisamente, fale de mentiras e manipulasions, e logo non e verdá que expropiar as fincas por unha miseria e en contra da voluntade dos propietarios e casi igual que roubalas?, E non e serto que as piscifactorias contaminan o mar? eso xa está estudiado muller.

Terseiro: Si e verdá que a Corporación ten a obriga de defender os intereses de todos os veciños do concello incluidos os de Camelle, por que non lles deixa nin siquera expresar a sua opinion, non cree que teñen dereito a desir o que lles pete libremente sin que os insulten, lles chamen mentirosos e todo eso?

E cuarto: O resto do artículo non é mais que propaganda politica, que non vou a comentar por que non estamos en eleccións, pero si unha última cousiña. Eses catro vesiños de fin de semana como vostede dí, naseron en camelle e saben máis deste pobo e desta comunidade do que vostede saberá nunca. E son máis de catro como se viu nas manifestasions e na prensa no seu dia, ande señora teña un pouco de decencia e non diga parvadas.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.