Un 14 de xullo de 1789 o pobo de París asaltaba a fortaleza da Bastilla e daba comenzo a Revolución Francesa. Un 14 de xullo de 2009 os parlamentarios autonómicos do PP de Galicia desembarcaban nas instalacións do Club Náutico e tiña lugar unha das reunións que periódicamente celebran en distintas poboacións da Comunidade Autónoma. Gracias á chamada dun dos nosos múltiples usuarios poidemos saber da reunión que a partires das 11:00 da mañán tivo lugar no Salón de Actos do CNC e da rolda de prensa posterior que se iniciou pasadas as 12:30.

Entre os asistentes estaban Pilar Rojo, Presidenta do Parlamento galego; Manuel Ruiz Rivas, Portavoz Parlamentario do PPdeG; Carlos Negreira, Secretario Provincial do PP coruñés, ou Alberto Blanco, ex-Alcalde popular de Muxía. Todo o cal, á luz do múltiple desembarco de importantes políticos autonómicos e nacionais de PSOE e PP que ven tendo lugar de dous anos a esta parte, parece indicar que o noso Concello convertíose nunha suculenta e trascendental peza do axedrez político galego que devorar.

Engadir un comentario