- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 12 Xullo 2009 12 Xullo 2009
Marcial Mouzo fai a súa presentación no PSOE

O Ministro Caamaño e Fernández Moreda non quixeron faltar á cita anual dos socialistas camariñáns
Si o pasado sábado 4 de xullo camarinas.eu acompañaba ao Presidente da Xunta de Galicia na visita sorpresa que o popular Alberto Núñez Feijoó realizaba a Camariñas, na xornada sabática do día 11 estivo presente na Festa Anual que os socialistas camariñáns celebraban no entorno paradisíaco da Praia do Ariño. Se ben Manuel Vázquez, secretario xeral del PSdeG-PSOE, finalmente non poido acudir á cita, a cambio o clima aliouse cos socialistas concedendo un día perfecto para celebrar unha romería popular no areal xaviñán.
Entre os invitados a unha comida que chegou a congregar a preto de 500 persoas, puidemos atopar ao Ministro de Justicia, o ceense Francisco Caamaño; ao secretario de organización dos socialistas galegos, Pablo García; á número dous do partido, Mar Barcón; ao Presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda; e ao alcalde de Muxía, Félix Porto. Con eles estiveron os camariñáns Marisol Soneira, Encarna Liñeiro, Pichurri e Marcial Mouzo, a cargo do cal correu a presentación dun acto que asemesmo servío para presentalo en sociedade como afiliado do PSdeG-PSOE. Pulsa na imaxe para ver unha amplia galería fotográfica.
Marcial Mouzo fai a súa presentación no PSOE
Si o pasado sábado 4 de xullo camarinas.eu acompañaba ao Presidente da Xunta de Galicia na visita sorpresa que o popular Alberto Núñez Feijoó realizaba a Camariñas, na xornada sabática do día 11 estivo presente na Festa Anual que os socialistas camariñáns celebraban no entorno paradisíaco da Praia do Ariño. Se ben Manuel Vázquez, secretario xeral del PSdeG-PSOE, finalmente non poido acudir á cita, a cambio o clima aliouse cos socialistas concedendo un día perfecto para celebrar unha romería popular no areal xaviñán.
Entre os invitados a unha comida que chegou a congregar a preto de 500
persoas, puidemos atopar ao Ministro de Justicia, o ceense Francisco
Caamaño; ao secretario de organización dos socialistas galegos, Pablo
García; á número dous do partido, Mar Barcón; ao Presidente da
Deputación, Salvador Fernández Moreda; e ao alcalde de Muxía, Félix
Porto. Con eles estiveron os camariñáns Marisol Soneira, Encarna
Liñeiro, Pichurri e Marcial Mouzo, a cargo do cal correu a presentación
dun acto que asemesmo servío para presentalo en sociedade como afiliado
do PSdeG-PSOE.
{multithumbs}
Comentarios
Nosa praia do Aríño.
Nosa plaia churrusqueira
¡ Cantas sardiñas asadas
E, cantas tartas larpeira ¡
Praia de mariscadores,
Praia de pinos n´aréa…
…Turistas e visitantes…
Festeiros da Patria Galega.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.