Estaba desperdigada a redacción de camarinas.eu na tarde do sábado 4 de xullo de 2009, cubrindo o director un bautizo e exercendo por un día o comodoro as súas vitais e nunca ben ponderadas funcións nas instalacións do Club Náutico, cando a chamada dun dos nosos moitos usuarios alertaba que no Paseo Marítimo camariñán, frente á tenda de encaixe de Jola, estaba repartindo abrazos e apretóns de mans a diestro e siniestro nin máis nin menos que Alberto Núñez Feijoó, o Presidente da Xunta de Galicia.

Efectivamente, recén chegado da comida que tivo lugar nos Muiños, Concello de Muxía, o Presidente decidira acercarse ata Camariñas, comenzando  a súa visita polo Paseo Marítimo e desprazándose porteriormente a pe ata o Club Náutico, tras recibir in situ a invitación do Presidente do mesmo. Nas instalacións do CNC, Núñez Feijoó fixo gala con todos os presentes dun carácter simpático e xovial, campechano, chegando a fotografiarse con auténticas leyendas vivas da nosa vila como Chuquiño ou Totis. Posteriormente, trala estadía no Club Náutico, cara as 21:30 a comitiva do Presidente abandonaba Camariñas, tras unha visita que prácticamente collío por sorpresa a todo o mundo.

Comentarios   

jesus
0 # por que teñen que bir de inconitojesus 05/07/2009 12:43
por que teñen que bir de inconito por que non beñen coma todo o mundo eu eso de bir de inconito nono entendo que eu sepa os camariñas non somos tan malos como nos pintan
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+2 # RE: Alberto Núñez Feijoó en Camariñasjose de marta 05/07/2009 19:22
Cada ves entendo menos.
Responder | Denunciar ante o administrador
duquesa
+2 # RE: Alberto Núñez Feijoó en Camariñasduquesa 05/07/2009 21:13
pois eu alegrome que veñan anque sea de inconito e que traia cousas po pueblo,e por cierto parece un bo home.
Responder | Denunciar ante o administrador
Muiñodovento
0 # RE: Alberto Núñez Feijoó en CamariñasMuiñodovento 05/07/2009 22:33
non se pode desir que ven de visita a un pueblo cando se ven de incognito.acaso ten medo a ver a xente en masa?
Responder | Denunciar ante o administrador
mapaca
0 # pmapaca 06/07/2009 01:14
como........... ............... ............... ............... ............... ............... ............... ............... ............... ..........
Responder | Denunciar ante o administrador
mapaca
0 # RE: Alberto Núñez Feijoó en Camariñasmapaca 06/07/2009 01:29
ven de incognito para que non fora visto acompañado de un gran pufista!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Alberto Núñez Feijoó en CamariñasBeldoña 06/07/2009 19:43
Fui unha pena que Chuquiño non lle pestara a su bisera o noso Presidente da Xunta,pa que o sol "das alturas",no no ceje,no futuro,co seu poder.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador