4.1228070175439 1 1 1 1 1 Rating 4.12 (57 Votes)

O irmán tropical de Camariñas

Nos tamén tíñamos palmeras, algo tiñosas eso si, ata que o ano pasado desencadenouse a masacre palmeril
Nos tamén tíñamos palmeras, algo tiñosas eso si, ata que o ano pasado desencadenouse a masacre palmeril

Sempre que o criterio superior do Pleno do Concello o aprobe, vai resultar que a partires da próxima semana Camariñas terá un irmán tropical: o Ayuntamiento de Ingenio, situado na parte oriental da Illa de Gran Canaria, Provincia de Las Palmas, antiguo complexo azucareiro do século XVIII (de ahí provén o nome do concello), dotado dunha población de máis de 28.000 habitantes e en cuio territorio aséntase a parte sur do impresionante aeroporto de Gran Canaria, un dos máis concorridos do mundo.

O motivo do irmanamento de dous concellos aparentemente tan dispares ven sendo o da artesanía: aproveitando a experiencia adquirida polo Concello de Camariñas tras 19 edicións da Mostra do Encaixe no fomento e comercialización do encaixe de bolillos, Ingenio pretende achegar puntos de vista e información para levar a cabo o rexurdimento do seu propio arte tradicional. E así tras a pertinente autorización do Pleno do Concello, unha delegación camariñana desplazarase o día 18 de xuño cara ás terras canarias para a firma do Protocolo de Irmanamento. Dende camarinas.eu poñémonos asemesmo a disposición dos nosos primos irmáns canarios para achegar a nosa rica e tortuosa experiencia para o caso de que desexen crear unha web que chegue a ser a máis vista da Costa Atlántica (no continente africano, se entende).


Engadir un comentario