- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 08 Xuño 2009 08 Xuño 2009
A labor abnegada e patriótica do funcionariado sorteou todos os obstáculos e fixo posible que a festa da democracia chegara ao distrito camariñán de Buría. Para elo foi necesario o decomiso dunha carretilla de obras propiedade da empresa de construcción José Martínez Rial, necesaria para carrexar ata o Colexio de O Areal por un firme impracticable en obras a urna, as pesadas papeletas de 35 candidaturas e demáis documentación. Todo elo nas eleccións que supoñían a segunda victoria consecutiva do PP no anteriormente feudo inexpugnable do socialismo e nas que a pesares da ínfima participación, a caravana europea de camarinas.eu percorreu todas as parroquias. En definitiva ahí vai unha análise desapasionada do acontecido, a táboa de resultados e unha galería fotográfica dos vocais, interventores e presidentes máis dicharacheros da Costa Atlántica.
O PP golpea de novo
O PXOM é un documento voluminoso, formado por unha chea de libros, que contén longos planos milimétricos de tódalas terras que compoñen un Concello, neste caso o de Camariñas, que aparecen divididas en leiriñas nas que se permite edificar e aquelas outras que son enviadas ao limbo do rústico. Tamén dispón as alturas permitidas: aquí baixo, unha altura e sobrecubierta. Alá, pois dúas plantas. E sen embargo parece que os seus ecos se deixaron sentir na centroeuropea e burocrática cidade de Estrasburgo nestas eleccións do 7 de xuño de 2009. Ese podería ser unha das explicacións á segunda derrota consecutiva do ata fai pouco hexemónico PSOE no Concello de Camariñas. Outra enmarcaríase dentro do contexto nacional: unha solvente victoria popular que parece demostrar que o electorado español empeza a facer culpable a José Luis Rodríguez Zapatero do descalabro económico dunha crisis mundial que se está a cebar especialmente con España.
En todo caso, unhas eleccións onde únicamente o 56,64% do electorado camariñán se acercou ata calqueira dos 6 colexios electorales do Concello, seguindo a tónica xeral de apatía e abstención que reinaron ao longo de toda España na xornada tan desapacible climatolóxicamente falando deste domingo. Con todo, un porcentaxe superior en case dez puntos ao da media provincial e na que volve a destacar Camelle como factor desestabilizador que desequilibra as cortas diferencias en votos das demáis parroquias.
Debío ser por eso, pola escasa participación do electorado, pola non moito maior implicación dos políticos locales nunha campaña algo descafeinada, polo que cando xa todo rematara, cara as 23:00 os Deuses desencadearon a súa furia vingativa contra a remota, illada, apática e desinteresada Vila de Camariñas, nunha impresionante tormenta na que o vento, os tronos e os raios fixéronnos temer por un momento que o ceo acabaríase desplomando sobre as nosas cabezas. Alomenos ata que a 1:15 da mañán fíxose a oscuridade máis absoluta e xa tan só nos quedaba durmir. Eso si, ca convicción de que os dous anos que restan ata as municipais de 2011 serán trepidantes e sin respiro.
PARROQUIA | PSOE | PP |
BNG | OUTROS |
BLANCO | NULO |
CAMARIÑAS | 558 | 591 | 48 | 21 | 9 | 18 |
PONTE DO PORTO | 225 | 221 | 23 | 5 | 3 | 5 |
XAVIÑA | 215 | 197 | 12 | 6 | 1 | 2 |
AROU | 106 | 106 | 10 | 3 | 0 | 3 |
CAMELLE | 178 | 284 | 33 | 6 | 1 | 1 |
TOTAL | 1282 | 1399 | 126 | 41 | 14 | 29 |
Comentarios
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.