¡¡Ay, Europa, queridos usuarios!! Europa queda moi lonxe. Llanuras insondables, altas montañas e  seguramente algún pantano perdido que haberá por ahí sepárannos dos mullidos e confortables sillóns da sede da Eurocámara en Estrasburgo. Porque con motivo das vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo os tambores electorales volveron a redoblar, pero neste caso a un ritmo cadencioso e atemperado, prácticamente inaudible para o oído humano. Nada que ver co retumbe atronador que estourou tantos tímpanos durante as últimas e estruendosas eleccións municipais de 2007.

En todo caso os partidos esfórzanse algo por cubrir o expediente e así asistimos consecutivamente a un mitin por barba na Casa de Pedra. Desta volta a quen lle tocaba o turno era ao PSOE, que cara ás 20:30 do domingo 31 de maio celebrou un mitin nos baixos do célebre edificio administrativo camariñán ao que asistiron os seus fieles e que tivo como primeiros espadas á Tenente de Alcalde Sandra Insua Rial, ao Alcalde Pichurri e á Diputada Autonómica Marisol Soneira, os cales ante o público asisitente defenderon as razóns polas que habería que votar ao seu partido nas eleccións do sete de xuño.

Engadir un comentario