- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 23 Marzo 2009 23 Marzo 2009
O PXOM inicia unha xira polas parroquias

¿Alguén sabe cómo quedará o aspecto urbano de Camariñas trala posible aprobación final do PXOM?
O que pode ser o futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Camariñas inicia na mañán deste luns 23 de marzo de 2009 a súa xira polas catro parroquias que compoñen o municipio. O primer lugar elexido é Arou onde ata o mércores 25 os veciños poderán contemplar in situ no Centro Cultural os planos que afecten as súas correspondentes posesións terrenais para posteriormente, si non están de acordo co documento do PXOM, realizar as alegacións correspondentes que deberán ser resoltas polo Pleno do Concello.
O caso é que o PXOM está a despertar un interés inusitado entre as boas xentes do Concello e así xusto agora que se cumpre unha semana dende que camarinas.eu, a web máis visitada con diferencia de toda a Costa da Morte, decidío poñer á disposición do noble e humilde pueblo camariñán a posibilidade de descargar o PXOM en tan só 20 minutos, máis de 500 persoas descargaron o texto íntegro desde camarinas.eu cubrindo desta forma as posibles carencias que pode ter o servidor do Concello. Xa sabedes: a nosa vocación é servir. E protexer. To serve and protect the nobile and loyalty people of Camariñas. Pulsa na imaxe para ver as datas e lugares nos que o PXOM estará a disposición dos veciños das parroquias.
O PXOM inicia unha xira polas parroquias
PARROQUIA | DÍAS DE EXPOSICIÓN |
HORARIO |
LUGAR |
AROU | 23-24-25 DE MARZO |
10 a 14 horas |
CENTRO CULTURAL |
CAMELLE | 26-27-30-31 DE MARZO | 10 a 14 horas | CASA DO ALEMÁN |
PONTE DO PORTO | 2-3-6-7-8 DE ABRIL |
10 a 14 horas | CENTRO CULTURAL |
XAVIÑA | 13-14-15-16-17 DE ABRIL | 10 a 14 horas | CASA DA SOCIEDÁ |
CAMARIÑAS | 20-21-22-23-24 DE ABRIL |
10 a 14 horas | SALÓN DE PLENOS |
Comentarios
Quixen descargar o PXOM e o acabar e abrilo non me aparece nada ! Pode alguen axudarme a velo ?
Gracias
1 - Descargar primeiro o programa WinRar (tendes o enlace directo un pouco máis arriba) e instaladelo no voso ordenador pulsando duas veces no icono que vos aparece como WINRAR.
2 - Descargades o PXOM e cando este remate de descargar dades dous clicks enriba do PXOM (que vos aparece xa con forma de un montón de libros de colores)
3 - Entonces aparecevos a ventana co contido do PXOM e ao mesmo tempo outra ventana que vos di que compredes o WinRar... nin caso, dádelle a cerrar.
4 - A continuación só tendes que pulsar no fichero que mete ArranqueCD.exe e xa podedes ler o auténtico, mítico, controvertido e único (bueno, eso xa se verá...) Plan Xeral de Urbanismo Municipal de Camariñas.
Xa sabedes, non fagades muito caso do que se fale por ahí e si tendes dúbidas ide a preguntar ao concello.
Si tendes algún problema para ler o PXOM ou non o podedes descomprimir non dubidedes en preguntar.
Un saúdo!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.