4.2948717948718 1 1 1 1 1 Rating 4.29 (78 Votes)

Xa podedes baixar o PXOM dende camarinas.eu

Nin o mesmísimo Petete tería a coraxe de redactar un libro tan polémico e controvertido como o PXOM
Nin o mesmísimo Petete tería a coraxe de redactar un libro tan polémico e controvertido como o PXOM

Pois fui chegar o PXOM e todo o mundo volverse tolo. E formarse longas colas diarias diante da oficina da arquitecta municipal. E as boas xentes veña preguntar polos destinos das súas leiriñas. Ou das casas edificadas en condicións dudosas nos bos tempos do "ti fai". E rezar: que toque suelo urbano, por favor. E claro aquí en camarinas.eu aínda que sea a regañadentes tamén falamos dos temas da máis candente actualidade política e por eso decidimos poñer o Plan Xeral de Ordenación Municipal a disposición dos miles de usuarios da web no servidor máis potente da Costa da Morte para poder baixalo en tan só 20 minutos no enlace permanente que podedes ver dentro desta noticia.

O PXOM foi aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 27 de febreiro de 2009 e agora tralas publicacións de dita aprobación nun dos diarios de maior circulación de Galicia e no DOGA ábrense dous meses de exposición ao público no que se recollerán as alegacións dos veciños e os informes sectoriais das distintas administracións implicadas, os cales aparcerán no PXOM que se leve a unha aprobación provisional da que salirá o documento que presentará diante da Consellería e do que pode saír (ou non) unha aprobación definitiva. Por elo, dentro desta noticia publicamos a nota de prensa que nos envían dende o concello e que recolle as principais novedades relacionadas con tan abrasador tema.

INFORMANDO SOBRE O PXOM

Image 

O Concello de Camariñas comezou estos días a informar ós veciños sobre a aprobación inicial do PXOM. A parte de colga-lo plan en internet, cada día, tanto o alcalde Manuel Valeriano como a arquitecta municipal atenden un número que oscila entre os 20 e os 30 veciños para aclarar as dúbidas que podan xurdir, moitas delas premisas equivocadas que son solucionadas ó momento. Ademais, o alcalde xa confirmou que para a semana que ven empezarase a levar os plans polos distintos núcleos do concello para acercalo máis ó cidadán.

O PXOM é a aposta máis firme que tivo o Alcalde dende que o PSOE gañou as últimas eleccións municipais. Dende ese día o traballo sobre o mesmo foi intenso, pero agora comezou a dar os seus froitos. "Tratamos de coller o máximo posible e facer un plan para que Camariñas poda crecer ordenadamente" afirmaba Manuel Valeriano, que expresou que era intención do grupo municipal poñerse a disposición dos veciños para todo o que fora necesario.

SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ


Descarga o Plan Xeral de Ordenación Municipal

 


 

Comentarios   

Rueironovo
0 # Rueironovo 19/03/2009 16:04
o tema e tan complicado que nadie se atreve a opinar ,o pxom era un tema pendiente ,e a aljen lle tocaba faselo neste caso fui a pichurri asi que haber como sale desta pero teno complicado
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
+1 # PETETE...hombre lobo 20/03/2009 21:55
...QUE E DA TUA VIDA?DONDE VAI QUE NON CHE VEXO..ESTABAS AHI,ANTES DE EU IR PA CAMA,SEMPRE SIN FALLAR UN DIA,AQUI ESTON MEDIO TRAUMATISADO POR NON VERCHE.
RESPETO O PLAN XERAL DESIR QUE LLE TOCOU A PICHURRI..SE LLE TOCARA A BAUTISTA OU A DANIEL,OU A OUTRO CALQUERA TERIAN XENTE MAIS OU MENOS CONTENTA,E O MISMO TIPO DE PROBLEMAS..EN FIN NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA.
¡¡¡PETETE..POR FAVOR VOLVE!!!
Responder | Denunciar ante o administrador