4.3888888888889 1 1 1 1 1 Rating 4.39 (72 Votes)
Touriño, Fraga e Rajoy, tres grandes da política que viñeron a Camariñas atraídos polos tambores electorales
Touriño, Fraga e Rajoy, tres grandes da política que viñeron a Camariñas atraídos polos tambores electorales

A caída dun bastión

Históricas foron no Concello de Camariñas as eleccións á Xunta de Galicia de 2009 por unha serie de razóns. Fundamentalmente porque por vez primeira un auténtico desfile de primeiros espadas da política nacional e autonómica recalaron no noso concello atraídos polo son envolvente e cadencioso dos tambores electorales: Mariano Rajoy, Manuel Fraga ou Emilio Pérez Touriño visitaron a Vila das Palilleiras nas que foron as máis disputadas eleccións á Xunta que se recordan. Pero tamén porque despois de máis de 25 anos de dominio continuo, intratable e absoluto, o PSOE perdeu unhas eleccións no que era o feudo socialista por excelencia na Costa da Morte.

Realmente, un ten que acudir a preguntarlle aos máis vellos do lugar para lembrar o día lonxano no que o PSOE perdío unhas eleccións no Concello de Camariñas. Da igual que estivéramos falando de eleccións nacionais, europeas, autonómicas ou municipais. Si había unha constante que definía as distintas consultas electorais no noso municipio era a fidelidade cáseque absoluta do electorado camariñán cara o partido do puño e a rosa. Durante máis de 25 anos nin unha soa vez lle fallou na cita cas urnas: ben a través dos 16 anos dun fraguismo intratable que non deixaba durante longas temporadas unha soa obra triste no noso concello, ou ben con distintos candidatos socialistas de variado pelaxe e aptitudes máis que limitadas (Abel Caballero, Antolín Sánchez Presedo, Joaquín Almunia, etc). E sen embargo, tivo que ser agora que o Concello estaba literalmente reventado a base de obras financiadas ben polo Goberno Central ben pola Xunta de Galicia, con actuacións que sumaban máis de 30 millóns de euros nos últimos catro anos, con catro Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR)  en construcción ou xa proxectadas e que suporán o saneamento completo e integral do Concello, cun novo Paseo Marítimo en Arou e outro impresionante en Camariñas, cun novo porto en Camelle de máis de tres millóns de euros, a pavimentación das principais arterias viarias de Camariñas, cun millón de euros en carteira a invertir en obra pública procedentes do Fondo Estatal de Inversión Local, a rexeneración da Praia de Camelle orzamentada en case un millón de euros, o mesmo día no que a Xunta de Touriño concede uns novos 90.000 euros con destino ao saneamento do Río do Prado.

Entón, ¿que foi o que pasou? ¿Por que tras a máis impresionante marea inversora por parte das administracións central, provincial e autonómica na historia deste Concello o PSOE perde unhas eleccións no que era o seu bastión máis intratable? ¿Non se soubo vender ao electorado todos os logros acadados? ¿Faltou facer pedagoxía, o porta a porta, patear as calles? ¿Ou tal vez foron simplemente as repercusións da política autonómica que levaron ao PP de Alberto Núñez Feijoó a arrasar en toda Galicia, sendo Corcubión e Dumbría ou dous únicos feudos do noso entorno nos que o PSOE mantivo a súa maioría? ¿Consecuencia das amistades perigosas do PSdeG cun nacionalismo demasiado sedento de poder e riqueza? ¿Ou o presente resultado debe explicarse únicamente en clave local? ¿Pode ser que a ciudadanía empece a culpar ao PSOE de Rodríguez Zapatero dunha crisis económica e financieira mundial que se está a cebar dun modo especialmente implacable con España?

Pode que todas as respostas anteriores combinadas expliquen a que foi unha derrota histórica e sorprendente. Ou pode que en ningunha se encontre a explicación do acaecido na xornada electoral do domingo 1 de marzo de 2009. O que si é obvio é que todos os que alí estivemos asistimos a un acontecemento grandioso e inenarrable pola súa dimensión: a caída do último xigante do Concello de Camariñas, a do peculiar socialismo camariñán (unha forma de vida en si mesma) con todas as súas mareas sucesivas de votos electorais. O futuro xa non será o mesmo.

Táboa de resultados electorais
PARROQUIA PSOE PP
BNG OUTROS
BLANCO NULO
CAMARIÑAS 734 766 112 24 27 13
PONTE DO PORTO
310 305 72 8 8 13
XAVIÑA 275 220 27 6 2 7
AROU 116 122 19 4 1 12
CAMELLE 183 337 89 8 5 7
TOTAL 1618 1750 319 50 43 52

Comentarios   

mantida
-1 # mantida 02/03/2009 21:46
Enhoravoa o señor Feijó por janar as elesións, que se comprometan cas promesas que dixeron e que veñan a visitar o pueblo más a menudo non solo cando haxa elesións.
Denunciar ante o administrador
Beldoña
-1 # Beldoña 02/03/2009 22:53
Eu en política non quero meterme muito,por non ferir ás ideas de nadie.Pero,esto u dacordo cá Mantida,de que quen joberna,debe estar permanetemente en contacto có seu pobo,e non só acordarse de visitar ás xentes en tempos de votasións. O gobernante que entenda este mensaxe,e que sexa honraro,ten para "rato" no seu cargo.
Noraboa
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.