- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 23 Febreiro 2009 23 Febreiro 2009
O Presidente da Xunta visita Camariñas

Touriño ante a atenta mirada dos alcaldes de Camariñas e Muxía
Eran pouco menos da 1 da tarde cando o autobús que traía a Touriño a Camariñas chegaba á nosa vila. O Presidente viña neste autocar de campaña do Psdeg-PSOE acompañado por unha manchea de periodistas cos cales tivo oportunidade de departir. Eran moitas as asociacións que estaban citadas con Touriño en Camariñas destacando un nutrido grupo de empresarios de Zas, Vimianzo, Muxía, Fisterra e Cee, ademáis claro dos de Camariñas que estiveron representados por unha gran parte da súa directiva. Pulsa na foto para ver a noticia completa cunha galería de imaxes de máis de 150 fotos.
O Presidente da Xunta visita Camariñas
Eran pouco menos da 1 da tarde cando o autobús que
traía a Touriño a Camariñas chegaba á nosa vila. O Presidente viña
neste autocar de campaña do Psdeg-PSOE acompañado por unha manchea de
periodistas cos cales tivo oportunidade de departir. Eran moitas as
asociacións que estaban citadas con Touriño en Camariñas destacando un
nutrido grupo de empresarios de Zas, Vimianzo, Muxía, Fisterra e Cee,
ademáis claro dos de Camariñas que estiveron representados por unha
gran parte da súa directiva.
Touriño subliñou outra vez o seu compromiso coa Costa da Morte, "porque
creo na igualdade dos terrirorios" e fixo mención dos proxectos feitos
polo seu goberno e os próximos que firmará se é elixido Presidente da
Xunta este próximo domingo 1 de marzo. O Presidente foi recibido polo
Alcalde de Camariñas "Pichurri" e foi presentado neste multitudinario
acto ao que asistiron máis de 300 persoas pola Deputada Autonómica e
camariñana Marisol Soneira Tajes quen dixo que "Touriño éo principal activo da Costa da Morte, gracias ao seu impulso a Costa da
Morte deixou de ser un territorio esquecido para ser un territorio de
futuro".
É de reseñar a presencia do Alcalde de Muxía Félix Porto ademáis do
ex-alcalde de Camariñas o socialista Bautista Santos Ramos.
- “Comprométome a que calquera traballador, de calquera sector sexa cal sexa, abocado a unha situación de ERE, terán garantido o 90% do seu salario, durante todo o tempo que dure o ERE”
- “tódalas empresas que teñan redución de actividade, os traballadores poderán acceder a cursos de formación mentres dure a crise, e teñan unha cobertura de custe salarial co apoio da Xunta”
- “si se da a situación de que haxa un expediente de regulación de emprego, comprométome a que se cubra un 13% (as empresas deberan aportar un 7%) para dar o salto do 70% actual ata o 90% da cobertura, para que os traballadores e traballadoras non poidan ver mermados os seus ingresos”
- “que os traballadores non serán os que paguen a crise sobre o seu lombo, nunca mentres eu sexa Presidente, sempre terán o apoio do Goberno que eu presida”
- “ eu estou en política para non resignarme. Eu quixen que a Costa da Morte fora o espello do cambio, do que de verdade se pode facer neste pais”.
Comentarios
que ellos solos hicieron los pinchos para touriño bieito como jefe de cocina le da un 10 a las tres que son muy trabajadoras y responsables ninguno tendra problemas en contratarlas.os quiero mucho y gracias a los cuatro
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.