- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 21 Febreiro 2009 21 Febreiro 2009
Reunión dos tres Presidentes de Honor do CNC

Fraga é conducido hacia o Salón de Actos do CNC acompañado de José Trillo ante a mirada dos curiosos
Collío por sorpresa á nova directiva do Club Náutico de Camariñas o desexo de Don Manuel Fraga Iribarne, o que fora durante 16 anos Presidente da Xunta de Galicia, de visitar o CNC aproveitando a comida de homenaxe que a Agrupación do PP camariñán lle preparou por todo o alto e que reunío a 102 comensais no Restaurante Villa de Oro. Presidente de Honor, xunto ao xornalista Xose Luis Blanco Campaña e José Trillo, do que foi o primeiro e máis importante Club Náutico da Costa da Morte, esta visita privada que o ex-mandatario da Xunta realizou ao CNC servío para lembrar vellos recordos e tomar un pequeno aperitivo que camarinas.eu vos ofrece nunha galería fotográfica de 100 imaxes.
Visita privada de Manuel Fraga ao CNC
Chegaba Don Manuel pouco antes das 13:00 horas ao Club Náutico e acompañado de membros da Agrupación local do PP, dos Presidentes de Honor do CNC e do actual Presidente, Alberto Artaza, facía a súa entrada no Salón de Actos onde tiña lugar un pequeno e humilde ágape dado que o desexo do ex-Presidente da Xunta de visitar o que foi o primeiro Club Náutico da Costa da Morte collío por sorpresa aos membros da Directiva do mesmo. Entre pincho e pincho sucedéronse os discursos dos Presidentes de Honor que lembraron a intrahistoria da fundación dunha asociación clave para Camariñas, recalcando que foi precisamente Don Manuel o que fixo posible que o CNC se fixera cuns pantaláns traídos especialmente dende Francia. Asemesmo, o fundador do Partido Popular recordou emocionadamente as visitas que sempre que puido fixo á súa querida Camelle asegurando que na habitación da súa casa colgan das paredes unha foto da Ría de Camelle e unha bandexa de encaixe de Camariñas que demostran o cariño que sempre tivo Don Manuel por este Concello noso.
Despois de rematados os discursos Manuel Fraga Iribarne firmou no Libro de Ouro do CNC unha pequena e sinxela dedicatoria: "Al Club Náutico de Camariñas, ya totalmente consolidado, con mi enhorabuena a sus gestores y toda mi gratitud", palabras que irán a facer compañía ás dos Reyes de España nun libro polo de agora aínda cáseque virxe pero que de seguro irá crecendo cas firmas dos máis importantes persoeiros que visiten a nosa vila, así por exemplo non estaría mal que con motivo da visita que este luns 23 de febreiro vai realizar a Camariñas o actual Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, se acercase ao CNC para visitar as instalacións e estampar no citado Libro de Ouro a súa firma.
Posteriormente, unha vez finalizada a visita ao CNC, acompañado dun nutrido e entusiasta grupo de simpatizantes do PP Don Manuel desplazouse ata o céntrico restaurante Villa de Oro para levar a cabo un acto xa enmarcado dentro da campaña electoral das Eleccións á Xunta de Galicia 2009 e que reunío a 102 comensais.
Posteriormente, unha vez finalizada a visita ao CNC, acompañado dun nutrido e entusiasta grupo de simpatizantes do PP Don Manuel desplazouse ata o céntrico restaurante Villa de Oro para levar a cabo un acto xa enmarcado dentro da campaña electoral das Eleccións á Xunta de Galicia 2009 e que reunío a 102 comensais.
Comentarios
Tú si que vales, me alegro de conocer a una persona con mucha valía.
¡Que lástima no saber que iba a venir!
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.