- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 04 Setembro 2007 04 Setembro 2007
Na tarde deste Martes 4 de Setembro o Alcalde de Camariñas Manuel V. Alonso de León, Félix Porto, Alcalde de Muxía e a deputada do Parlamento Galego Marisol Soneira déronse cita nas instalacións que a empresa Cerdeimar ten na avenida da Coruña á entrada do pobo de Camariñas para percorrelas, deténdose especialmente para observar o procedemento de envasado de pulpo. O presidente de Industrias Cerdeimar, Andrés Cerdeiras, fixo de anfitrión conducindo aos tres principais representantes do PSOE na Costa da Morte polo percorrido que os mesmos fixeron polas instalacións da centenaria empresa Camariñana.
A lonxevidade da empresa Cerdeimar non impide, como puideron observar os dous máximos rexedores municipais, que estea áltamente mecanizada e goze duns procedimentos de envasado dos productos de mar dunha tecnoloxía punta. Así o manifestou o Alcalde Camariñán "Pichurri" que quedou abraiado "do ben que se están a facer as cousas na principal empresa do noso pobo". Temos que recordar que a empresa Cerdeimar é a única conserveira que existe na Costa da Morte, o cal fai de Camariñas unha escepción no mundo de enlatado de peixe, xa que como é ben coñecido, as industrias conserveiras galegas atópanse nas rías baixas. Que dure esta escepción.
A cita en industrias Cerdeimar comezou ás 5 da tarde cando, despois dunha comida que os tres membros da executiva do PSOE tiveron nun céntrico restaurante Camariñán, dirixíronse cara "A fábrica" como en Camariñas denominamos ao grupo empresarial Cerdeimar. Alí os representantes políticos constataron os avances tecnolóxicos que fan da empresa fundada en 1886 unha das punteiras do sector conserveiro español, o cal debe de encher de orgullo a todos os camariñáns.
Comentarios
A reportaxe de cerdeimar está moi ben e gustame saber que o alcalde de camariñas está a facer todo o posible por promocionar esta empresa que da de comer a tanta población do concello de camariñas.Noutr o artigo vin que se está a intentar promocionar o pobo de camariñas,(que falta fai)pero sorprendeme a pouca información e divulgación que se fai do pobo de ponte do porto que pasou de ser a zona de paso e comercial mais importante da zona, a un pobo que xa case non lle queda vida.Este pobo tiña unha zona de movida das mais importantes da costa da morte, competindo e gañando a zonas coma ponteceso e cee;hoxe xa non queda nada.A sua feira case non existe e a sua valía pola cantidade de pescadores e turismo que había antes quedou en nada.Todo esto non fai falta que llo recorde o alcalde de camariñas porque é un problema que coñece de primerira man sendo nativo de este pobo.
Co tempo todo se andará,de seguro. Un saudo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.