Sandra Insua consegue traer compromisos específicos de Costas do Estado para o Concello de Camariñas

Este pasado 13 de xuño de 2019 a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, e varios membros da actual corporación e do futuro goberno do municipio, mantiveron unha reunión co xefe da Demarcación de Costas da Coruña, Rafael Eimil, para coñecer o estado dos proxectos que ten o Estado para Camariñas. ...

Sandra Insua Rial, investida alcaldesa con maioría absoluta no Concello de Camariñas

O salón de plenos do Concello de Camariñas acolleu hoxe a sesión constitutiva dunha nova corporación no Concello de Camariñas, tralas eleccións municipais do pasado 26 de maio. A socialista Sandra Insua, que acadou maioría absoluta, foi investida e será a alcaldesa de Camariñas durante o próximo mandato. Na votación, a rexidora foi investida grazas a maioría absoluta coa que conta a lista socialista, con 8 concelleiros dun total de 13. Pola súa parte o PP, con 4 escaños (no pleno de investidura só puideron asistir 3), votou ao seu candidato e o BNG, con 1, fixo o mesmo coa...

Eleccións Municipais 2019: Pistoletazo de saída da campaña electoral

Pois xa están aquí as Eleccións Municipais 2019 e os partidos políticos con representación en Camariñas comezan as súas respectivas campañas para tratar de atraer o voto dos veciños. Moitas son as novidades nas listas dos ous principais partidos que se presentan con renovadas candidaturas a estes comicios. No PSOE de Camariñas, despois da demisión de Pichurri, renóvase case totalmente súa lista con un marcado perfil xuvenil nos seus representantes e cun programa sólido e moi ambicioso. Hai uns días que tivemos oportunidade de darlle un vistazo a este programa socialista na súa impresionante nova páxina web do PSOE de Camariñas....

O Concello de Camariñas aproba un orzamento de preto de 5 millóns de euros e aumenta a súa aposta polos servizos sociais

O goberno local de Camariñas continúa a apostar por mellorar os servizos sociais, a promoción e a mellora do municipio. Así se desprende do orzamento municipal para o 2019, aprobado onte no pleno do Concello de Camariñas cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e en contra do PP. O documento, equilibrado en gastos e ingresos, ascende este ano a 4.911.330’34 euros, só 89.669’66 euros menos co do ano pasado. O goberno fai así un importante esforzo para manter esta cifra xa que en 2018 os ingresos foron maiores como consecuencia da revisión catastral, polo que se...

Sandra Ínsua elexida por unaminidade candidata polos socialistas de Camariñas

Pois aquí en Camarinas.eu temos por costume habitual publicar sempre as notas de prensa que nos mandan. Xa sexa máis tarde ou máis cedo sempre tratamos de cumprir con esta norma básica. Os que non nos mandan nada e vetan ao único medio de comunicación do concello con preto de 5000 persoas suscritas ás nosas redes sociais, pois evidentemente non poden sair nesta web. Así, os nosos moitos lectores e usuarios que quixeran votar a outras forzas políticas do concello están desinformados neste sentido. Non deixa de ser curiosa esta forma de actuar tan contraproducente para os intereses destes partidos,...