Houbo un tempo non tan lonxano en que imaxinar ao presidente dunha das institucións máis prestixiosas do noso concello deambulando, sen máis compañía que a pesada sombra de sí mesmo, en elevado estado de intoxicación etílica polos bares de Camariñas insultando, acosando e agredindo a veciños, sería algo sinxelamente inimaxinable. Houbo un tempo en que imaxinar como secretario da mencionada institución a un superviviente sen oficio nen beneficio, un buscavidas fracasado, que nos seus ratos libres (todos) escribe viles calumnias en notas de prensa nauseabundas para tratar de revertir as fatales consecuencias derivadas de borracheras como pianos, sería tamén inimaxinable. A aureola de nomes inmaculados, élites dun concello, que naqueles día dourados puxeron o seu bo saber e entender ao servicio dunha institución antigamente respetada e querida e cuio legado está sendo tan lamentablemente arrastrado polo fango, máis ben pola barra dos bares, nestes tempos escuros...

A gravedade dos feitos acaecidos na noite do domingo 22 de abril xa non é que supoña o derradeiro cravo na tumba desa antigamente tan prestixosa institución agora tan vida a menos, senón que entraña un inaceptable e inquietante ataque ao único medio de comunicación independente que existe no Concello de Camariñas. Polas bravas, a sangue e fogo, no mellor estilo da casa pretende arrasarse ca liberdade de expresión. Tratarán de revertir a súa sorte, inventarán calumnias inverosímiles, pero olvidan que carecen de dous triunfos que condenan a un irremediable fracaso, outro máis na lamentable carreira profesional destas dúas persoaxes:

Un, testigos. Todo un bar que asistía atónito e cariacontecido a como un tío cargante, en elevado estado de embriaguez, sólo como un can, se adicaba a perseguir cubata en mano, a insultar soezmente, a acosar e finalmente a agredir a Diego Alonso Freire, quen sabe se personificando no mesmo a frustración derivada dunha sorte concatenada de terribles e sucesivos fracasos: a ruina empresarial dunha familia, despropósitos urbanísticos de difícil explicación para unha mente dun nivel de intelixencia elemental, ou lexítimas críticas xornalísticas ao que se entendía como o equivocado rumbo dunha institución do noso concello. Cómo sería a cousa que algún deses mesmos clientes do local ao final, ante a pesadez deste lamentable tiparraco, estiveron a piques de soltarlle uns cuantos sopapos. Tampouco se entende moi ben, nesta súa desquiciada versión dos feitos enviada a sección comarcal dun diario autonómico (obra sen dúbidas do Sr. Secretario, xa que ve esas facturas que endosa á institución que dirixe en perigo), que tivera que ser o perigoso agresor, Diego Alonso Freire, o que chamara por teléfono a Guardia Civil ata en dúas ocasións, a non ser que estes lamentables miolos secretariles expliquen que o facía para que a Benemérita se sumara á axudarlle a dar a presunta tunda.

Dous, un parte médico facultativo que corrobora a existencia de lesións de diversa entidade causadas por un forte empurrón contra a barra do bar que unha lexión de testigos corroborarán na instancia procesal correspondente. Neste punto ao mellor algún pensa que aínda están a tempo de meterlle man a este médico ou de conseguir outro facultativo ad hoc que invente gravísimas lesións, igual se pensa algún que aínda vivimos naqueles tempos nos que a súa parentela estaba entre os caciques da vila, unha mezcla kitsch de mal gusto e despilfarro, aquelas épocas en que na mansión sobre a colina se pagaban suculentas e ben regadas enchentas a distintas autoridades a cambio dos correspondentes favores, pero ¡ay! eses tempos acabaron e agora a empresa limítase a cortar pinos polos montes e a carrexar escombros cara a calquer vertedoiro. Un deses vertedoiros ao que estas dúas persoaxes acabaron levando a antigamente prestixiosa e respetada institución.

En máis de dez anos de existencia de Camarinas.eu foi esta a primeira agresión consumada que sufrimos. Houbo outros intentos de ataques físicos que, por unhas causas ou outras, felizmente non chegaron a consumarse. Que tivera que ser o pioneiro destas artes mafiosas o presidente da que foi en tempos a máis prestixiosa institucion do Concello de Camariñas é algo que non nos deixa de abraiar. Tan a menos chegou esta antaño respetada institución que ten a unha persoa así ao seu frente. Pero este é o precio da liberdade: sufrir agresións físicas. Seguiremos adiante e o agresor terá que responder na instancia xudicial correspondente. Aquí en Camarinas.eu temos a peculiar costume de dirimir os nosos contenciosos nos estrados dos tribunais, outros nas barras dos bares.

Engadir un comentario