Reciclaxe no Concello de Camariñas

A única maneira que temos a maioría para cambiar o mundo son as pequenas accións e a reciclaxe está a ser, a día de hoxe, unha das máis importantes para loitar contra o cambio climático. Deste xeito, e para facilitar esta práctica, o Concello de Camariñas ven de asinar un novo convenio coa empresa Collecting Oil S.L. Esta empresa percorrerá as rúas das vilas do municipio a recoller diversos elementos de refugallo para o seu reciclado como son: aceites domésticos (fritidos, conservas, caducados), graxas e manteigas, pilas e baterías, lámpadas (mesmo as de baixo consumo e de tipo LED), electrodomésticos...

O proxecto Camariñas Composta chega ao seu ecuador

Nos últimos anos dende o Concello de Camariñas lanzouse o “Camariñas Composta”. Este proxecto de compostaxe busca que os seus participantes reutilicen os refugallos orgánicos dos seus fogares para compostar e poder usar o resultado nos seus propios cultivos. ...

Inicio do reparto de composteiros na segunda fase do “Camariñas Composta”

Este martes 12 de Marzo iníciase a segunda fase do “Camariñas Composta” co reparto dos composteiros aos participantes deste proxecto. Esta acción realizarase catro puntos nas catro parroquias que compoñen o municipio. O primeiro deles será dende a casa de Pedra en Camariñas pola mañá (dende as 10 horas), o segundo esa mesma tarde na Casa da Cultura da Ponte do Porto (dende as 16 horas). Xa no martes 16 na Casa da Sociedade en Xaviña na quenda de mañá (dende as 10 horas) e por último no museo Man de Camelle ese mesmo día no horario de tarde (dende...

Inicio da segunda fase do "Camariñas Composta"

O Concello de Camariñas iniciará o reparto de composteiros, formación e asesoramento individualizado aos novos participantes do programa municipal “Camariñas composta” a vindeira semana, cando rematará a primeira fase de difusión e captación de participantes. ...