4.1666666666667 1 1 1 1 1 Rating 4.17 (12 Votes)
O porto de Camariñas reúne unha serie de condicións que fan del un dos mais seguros de toda a costa galega. Sempre foi así dende a construción do novo dique de abrigo, durante a presidencia de Fernando González Laxe. Durante moitos anos negóuselle a posibilidade de medrar xa que o proxecto de porto, deseñado naquel momento, foi esquecido pola Xunta de Galicia ate tempos moi recentes. Hoxe, entre o xa construído e o proxectado, Camariñas non solo terá o porto mais seguro de toda a Costa da Morte senón, tamén, o mellor dotado.

A lonxa - É unha infraestrutura imprescindible xa que a nosa vella lonxa carece dos mínimos necesarios para prestar o servizo de comercializar as capturas en condicións de hixiene e de promoción acordes coa época en que vivimos. Problemas de deseño do teito provocaron humidades e inundacións no edificio que fixeron necesario abordar unha modificación do proxecto inicial e que trouxo o conseguinte retraso.

A inauguración desta obra traerá consigo grandes cambios e enormes melloras para o conxunto das xentes do mar de Camariñas. En primeiro lugar será un dos centros de venta de peixe mais modernos de Galicia con sistema electrónico e, si así o quer a confraría, venta por internet. En segundo lugar concentrará tódolos servizos que afectan a actividade pesqueira e marisqueira: a confraría terá alí a súa sede, hai unha sala de xuntanzas e de formación moderna, hai despachos para capitanía marítima, servicio de gardacostas, servicio de inspección pesqueira e despacho para o instituto social de la marina (ISM). É, polo tanto, un salto cualitativo moi importante xa que integra tódolos servicios que afectan a un sector económico tan importante como a pesca e o marisqueo.

As casetas para usuarios. É outro servicio importantísimo xa que as embarcacións e os comercializadores poderán dispoñer de almacéns no propio peirao e gardar neles as súas propiedades e artes. Neste conxunto estará, tamén, a oficina de Portos de Galicia.

Nova cara de atraque. A cara interior da dique de abrigo dispoñe de calado suficiente como para que nel atraquen barcos de moito mais porte que os que compoñen a nosa flota, para elo é necesario converter a escollera nunha cara de atraque que permita dar este servicio. A primeira fase, de cen metros, rematouse fai poucas semanas. A metade do tramo ten un calado de entre tres e cinco metros e na outras acada os seis. Significa que, cando se conclúa todo o fronte, teremos un porto con calados superiores os oito metros en baixamar. Hai moi poucos portos comerciais que disfruten de semellante ventaxa.

Contradique e pantalán cortaventos. Esta é unha nova infraestrutura que está en fase de redacción de proxecto técnico. Partirá da Carnicería cun contradique de escollera e rematará en forma de L cun pantalán especialmente deseñado para cortar o vento e facilitar os movementos das correntes mariñas. Tanto a escollera como o pantalán protexerán o noso porto do vento do nordés polo que cabe supoñer que, mais que un porto, en Camariñas contaremos cunha gran piscina onde a nosa flota e a allea atopen refuxio e servicios.

Nova fábrica de xeo. Un servicio que mellora o existente e que disporá de catro máquinas para producir 20 toneladas de xeo, dúas novas e dúas procedentes da antiga fábrica existente no Curbeiro revisadas e reparadas pola Consellería de Pesca a petición do patrón maior e do alcalde de Camariñas.

Novo Porto Deportivo. Os orzamentos do próximo ano da Xunta de Galicia dotarán a Portos de Galicia de recursos suficientes para que a Costa da Morte teña tres grandes portos deportivos de mais de dúas centas prazas de amarre. Un deles será Camariñas onde está previsto que se creen mais de 270 puntos de amarre, unha marina seca e un foso para subir embarcacións de mais de oitenta toneladas. Este foso prestará servicios non solo a flota deportiva se non, tamén, a todo a flota pesqueira de Camariñas e outros portos. Ate que este foxo sexa operativo, a confraría contará cun carro varadero automotriz con capacidade para 40 toneladas.

Fachada marítima. A concentración de servicios na nova lonxa, permitirá liberar dous edificios: a actual confraría e ISM, e capitanía marítima na Praza de Insuela. O primeiro deles pasará, mediante convenio, a ser a sede da asociación dos xubilados de Camariñas, unha vella demanda de todos eles. O segundo é propiedade do concello que disporá del según mellor conveña. Pero, ademais, todo este conxunto péchase co remate da fachada marítima en todo o contorno do porto, de tal xeito que disfrutaremos dunha pasarela continua entre a Carnicería e a Dársena que, a maiores, contará cunha ponte de cristal e aceiro para unir as dúas partes do vello porto camariñán... un luxo que veremos en moi pouco tempo.

A lonxa, as casetas, a fábrica de xeo, a nova cara de atraque, o carro varadero automotriz serán inauguradas antes de que remate o presente ano. A fachada marítima do Campo será unha realidade o próximo ano. A fachada entre o Cansorro e a Carnicería, o Porto Deportivo, a marina seca e o foxo para 80 toneladas estarán concluídos no 2008/2009. Todo este espacio, ademais, estará conectado co paseo marítimo que nos permitirá disfrutar dun paseo continuo entre o porto pesqueiro e a Area da Vila.

Todas estas inversións son o froito do traballo continuo e da procura de aliados para que os problemas de Camariñas sexan tamén os problemas e as necesidades do Goberno Galego. Outro día falaremos do conxunto da Costa da Morte e veremos, aquí tamén, que os soños –si están basados en necesidades reais e non en fabulacións- tamén se cumplen.

Saúdos a tódolos camariñáns que polo munda andan.

Engadir un comentario