Luis "O Soco" un xenio da informática Camariñán

Luis traballa en Suiza pero sempre sabe de Camariñas. Como bo usuario de camarinas.eu
Luis traballa en Suiza pero sempre sabe de Camariñas. Como bo usuario de camarinas.eu

Desde Suiza e a petición dun dos redactores de camarinas.eu (Diego) chéganos un video-tutorial de Luis "O Soco" para aprender a rexistrarse sen problemas nesta web. Nada máis recibir a petición de realizar este video, Luís púxose mans á obra e en menos de dúas horas realizou unha clase maxistral de como rexistrarse correctamente en camarinas.eu

Luis fíxonos unha demostración máis do que significa camarinas.eu para moitos camariñáns: Un auténtico nexo de unión co seu pobo para os compatriotas camariñáns que están emigrados no extranxeiro. O que hoxe fixo Luis foi axudar a moitos camariñáns que por algunha razón non se poideron rexistrar nesta web e que polo tanto non están a gozar das vantaxes de ser usuario rexistrado da web máis visitada da Costa da Morte. Axudouos dende 2000 kilómetros de distancia. Unha proba máis de que Camariñas existe xa máis alá das súas fronteiras, existirá alá donde se atope un Camariñán cun pequeno ordenador e unha sinxela conexión a internet. Donas e cabaleiros quero presentarvos a un auténtico xenio da informática Camariñán: Luís "O Soco". Para ver o video tutorial pulsa en "Ler Máis.."

Como rexistrarse en camarinas.eu

por Luís "O Soco"

Engadir un comentario