- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Opinión Opinión
- Created: 02 Outubro 2007 02 Outubro 2007
Nota de camarinas.eu aos seus usuarios

Cun número de entradas diario por enriba de 700 visitas, onte 1 de outubro camarinas.eu tivo un pico de 782 visitas rexistradas, batindo tódalas súas marcas e establecendo un novo récord para unha páxina web feita por e para a Costa da Morte. Por elo, co fin de evitar estériles polémicas, intromisións indeseables, promover a utilización dunha linguaxe apropiada e manter unha determinada orde entre todos os lectores de camarinas.eu, a partires de hoxe só os usuarios rexistrados de camarinas.eu poderán escribir no libro de visitas e nos comentarios dos artigos. Polo tanto animamos a todos os nosos lectores a que se rexistren no que é xa o diario máis visitado e leído da Costa da Morte
Rexístrate aquí e accede a un mundo de sensacións: camarinas.eu . Un mundo en sí mesmo.