Aprobada a construción do primeiro albergue turístico no Concello de Camariñas.

Onte, venres 28 de Maio, aprobouse en Xunta de Goberno Local do Concello de Camariñas a concesión da licencia para a construción do primeiro albergue turístico do municipio. Este situarase na zona da Area da Vila e terá como nome “Devalar do Mar”. ...

Puntos da sesión plenaria de hoxe, Venres 28 de Maio.

A sesión plenaria do Concello de Camariñas de hoxe, Venres 28 de Maio, tivo como proposta principal a reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández situadas na punta da Insua da localidade camariñá, así como a solicitude á Deputación da Coruña dunha subvención nominativa para financiar ditas obras cun valor total de 128.000 euros. ...

Limpeza do Camiño dos Faros no Concello de Camariñas

Nos últimos anos o turismo de deporte e actividades ao aire libre creceu en gran medida, máis dende a situación epidemiolóxica que se está a vivir dende fai un ano. Neste eido as rutas do Camiño dos Faros están a cobrar especial relevancia e no Concello de Camariñas hai un total de 3 das 7 que o compoñen: Laxe-Arou, Arou-Camariñas e Camariñas-Muxía. ...

Nova proposta para a senda da Punta dos Castros

No mes de Xaneiro o Concello de Camariñas propuxo un plan para realizar unha senda na ribada da Punta dos Castros e, deste xeito, poder conectar a zona da Area da Vila coa praia de Lingunde. Porén, este foi rexeitado polos expertos en arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza alegando que o estudo previo realizado sobre o terreo era insuficiente. O motivo dese rexeitamento foi que por onde se situaría a senda ao finalizar o proxecto podería ser un terreo que gardara restos arqueolóxicos a unha maior profundidade da que se estudo polo de agora. ...

A rúa Ínsua pendente dos últimos detalles.

Os traballos de  reurbanización da rúa Ínsua na parroquia da Ponte do Porto están a piques de rematar. Esta obra incluíu a demolición do antigo firme, a substitución e ampliación da rede de saneamento, a instalación de unha rede paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais e, finalmente, a aplicación un novo pavimento de formigón armado cun acabado pulido e, no tramo final, a extensión de unha capa de zahorra artificial. A actuación está valorada en 41.720,57 euros e serviu para pavimentar a vía e dotar de máis servizos a veciñanza. Para o seu remate so restan executar...