O Ariño conta con novos asadores.

Hoxe, martes 23 de Marzo, os operarios do Concello de Camariñas comezaron a instalación dos novos asadores na área recreativa do Ariño. Estes contarán cun tellado e estarán cubertos a tres ventos, terán cheminea, unha billa para permitir o apagado das brasas e unha zona inferior para o depósito das cinzas. Ademais, incorporan un sistema de peche para poder clausuralas cando o Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI) sexa extremo. O novo deseño dos asadores xunto coas súas melloras está avalado pola Consellería de Medio Rural, permitindo o seu uso durante a época de risco alto de incendios....

O MerCamariñas xa ten spot publicitario

A iniciativa do “MerCamariñas” xorde coa intención de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que así poidan vender os seus produtos a través da internet. Adherirse a esta campaña é totalmente gratuíto e contará co xestionamento técnico da empresa local WP Nordés. Os comerciantes so se terán que encargar dos produtos que poñan á venta e de promocionar o seu espazo nas redes sociais. ...

Traslado do punto de información ao Museo do Encaixe

Dende esta Semana Santa o punto de información e atención aos turistas do Concello de Camariñas estará situado no Museo do Encaixe. A medida ten como obxectivo permitir o funcionamento deste recurso todo o ano, sempre que a situación sanitaria o permita, e non so na época estival ofrecendo un servizo mellor e máis completo aos usuarios. ...

O 44% das actuación de Protección Civil durante o 2020 estiveron relacionadas co Coronavirus

O traballo da agrupación local de Protección Civil de Camariñas céntrase na realización de servizos necesarios para a comunidade ano tras ano. Porén, no 2020 estas tiveran un carácter máis salientable debido a situación sanitaria que se viviu. ...

Preocupación pola zona de ribadas da Punta da Ínsua

A semana pasada o Concello de Camariñas contactou cun enxeñeiro industrial e unha xeóloga para que realizaran unha inspección na zona de ribadas da Punta da Ínsua en Camariñas e avaliar o seu estado. As conclusións constataron que os últimos temporais aceleraron o proceso de erosión que se estaba a dar no lugar empeorando a súa situación xa de por si precaria. ...