Malestar no IES Pedra da Águia pola retirada de tres profesores por parte da Xunta de Galicia

O Consello Escolar do IES Pedra da Aguia de Camariñas, reunido de xeito extraordinario a mañá do luns, día 8 de setembro, e unha vez informado pola Dirección do centro da perda de tres profesores no presente curso escolar, manifesta o seu malestar e descontento ante esta decisión da Consellería de Educación. Considera que a perda continuada de profesorado incide negativamente na calidade do ensino e impide a organización e desenvolvemento dos apoios e axudas que os rapaces con dificultades necesitan para progresar no seu itinerario educativo. Existe unha contradición entre o que a Xunta propón como obxectivos educativos e...

Clausura do Obradoiro Cultural - Deportivo e Multiaventura 2014 do Concello de Camariñas

Mañá venres día 29 de Agosto terá lugar o acto de clausura do Obradoiro Cultural e Deportivo 2014, celebrado durante os meses de Xullo e Agosto no Concello de Camariñas. A partires das 11h, na Casa de Pedra, levarase á cabo unha proxección de fotos e vídeos dalgúns dos mellores momentos protagonizados polos rapaces e rapazas que disfrutaron desta actividade. Tódalas persoas que queiran pasarse a disfrutar deste acto, que non o dubide e se acerque este venres pola mañá a compartir este último día de Obradoiro con tódolos rapaces e rapazas. ...

Camariñas amplía o seu programa de compostaxe a todo o Concello

Tras a boa experiencia iniciada hai catro meses coas 25 primeiras familias de Camariñas, o Concello decide aumentar as participantes. O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos en xeral, incentivando ademais na importancia da separación dos residuos.  ...

Presentación das Xornadas de Turismo Mariñeiro de Camariñas na Casa de Pedra

Hoxe ao mediodía tivo lugar na Casa da Pedra, con moi boa acollida, a presentación das Xornadas de Turismo Mariñeiro para os profesionais do mar enmarcadas no programa formativo do “Plan de Dinamización do Sitio de Interese Nacional Cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”. Os interesados (profesionais do mar, mariscadoras ou familiares), aínda se poden inscribir na Casa de Pedra. Fonte: Camariñas o Mar Todo ...

Programa LecerConsumo nas actividades de Verán do Concello de Camariñas

O programa LecerConsumo 2014 tivo unha moi boa resposta por parte dos e das participantes do concello de Camariñas. Xa que o número de nenos e nenas destinatarias foi moi numeroso. Os máis cativos e cativas disfrutaron coa actidade proposta para a súa idade “Xogar é de Balde”. Os rapaces e rapazas de maior idade participaron na nosa xincana, onde realizaron un bo traballo e uniron esforzos para finalmente crear os seus propios anuncios sobre as diferentes actividades de lecer que nos ofrece o concello de Camariñas, que son moitas! Desde a EGC queremos agradecer aos monitores e monitoras o...