5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Dende esta Semana Santa o punto de información e atención aos turistas do Concello de Camariñas estará situado no Museo do Encaixe. A medida ten como obxectivo permitir o funcionamento deste recurso todo o ano, sempre que a situación sanitaria o permita, e non so na época estival ofrecendo un servizo mellor e máis completo aos usuarios.

Si ben, até o de agora os museos (Museo do Encaixe e Museo Man de Camelle) permanecían pechados debido a situación epidemiolóxica, a finais deste mes de Marzo, grazas a mellora dos datos, o goberno local ten previsto volver abrir estes espazos.

Hoxe, 18 de Marzo, levouse a cabo o traslado da caseta á praia de Area da Vila onde se acondicionará o seu estado, dotando a este lugar de máis servizos durante o verán. O espazo que deixa este elemento no paseo marítimo será ocupado por un proxecto no que se está a traballar dende o Concello e se presentará proximamente.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.