1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Consello Escolar do IES Pedra da Aguia de Camariñas, reunido de xeito extraordinario a mañá do luns, día 8 de setembro, e unha vez informado pola Dirección do centro da perda de tres profesores no presente curso escolar, manifesta o seu malestar e descontento ante esta decisión da Consellería de Educación. Considera que a perda continuada de profesorado incide negativamente na calidade do ensino e impide a organización e desenvolvemento dos apoios e axudas que os rapaces con dificultades necesitan para progresar no seu itinerario educativo. Existe unha contradición entre o que a Xunta propón como obxectivos educativos e o cadro de persoal co que dota ao centro para que se poñan en marcha. Este centro leva desenvolvendo durante varios cursos diferentes medidas: Plan de Mellora de Convivencia, Contratos-Programa(PROA), Programas de Diversificación Curricular e Seccións Bilingües, que haberá que suprimir por falta de profesionais que os impartan. O Consello Escolar considera necesario velar polos intereses da Comunidade Educativa e polo tanto adoptará medidas de presión para manter o equipo docente do curso pasado.

Engadir un comentario