1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Esta foi unha fin de semana cargada de diversas actividades no Faro Vilán de Camariñas. Comezaron este venres 6 de xuño coa presentación da novela "Costa do Solpor" de Xosé M. Lema, acompañado na presentación por Carmen Pérez (percebeira de Camelle e membro do Club Arao de Lectura da Ponte do Porto), a Presidenta da Asociación de Empresarios e de Promoción turística de Camariñas, representación do concello de Camariñas e preto dunha trintena de asistentes que compartir impresións sobre a novela e se proxectaron imaxes, algunhas delas referentes o que aconteceu “Fronte ó cabo Vilán, en 1761, tivo lugar a violenta abordaxe da goleta inglesa "Hispaniola", cargada cun gran tesouro, por dous barcos corsarios procedentes do porta da Coruña, o bergantín "An Ankou" e a balandra "El Trueno". Despois terían lugar outros acontecementos en terra, pois os principais protagonistas galegos eran nativos da costa camariñana”. (FOTOS)

O sábado pola tarde inaugurouse a nova exposición de pintura no Faro Vilán de Pilar Pastoriza e Carmen Subiela, que estiveron arroupadas por preto de corenta persoas entre familiares, amigos, membros da Asociación de Empresarios e de Promoción turística de Camariñas, o Alcalde de Camariñas e outros veciños do concello.

Nesta exposición atoparemos 25 obras nas que a luz e as pinceladas de cor son a conexión entre dous estilos ven diferentes que nos amosan estas artistas coruñesas. Entrada libre e gratuita do 7 de xuño ó 6 de xullo na sala de exposicións do Faro Vilán de Camariñas. (Exposición e Venta).

A sala de exposicións do Faro Vilán de Camariñas está tendo moita actividade con presentacións, mesas redondas, exposicións variadas, e como novidade este próximo sábado vaise celebrar nesta sala a primeira boda civil dunha veciña do concello nun marco incomparable como é o Faro de Cabo Vilán.

Engadir un comentario