Estimados amigos, o motivo des esta carta é comunicarvos que o vindeiro sábado 7 de xuño de 2014, terán lugar no Pavillón Municipal de Camariñas “ O Areal” a Xornada de clausura das escolas deportivas de balonmán de Camariñas ca disputa do TORNEO “130 ANOS CONSERVAS BOYA”. Entre os equipos dos clubs Arteixo, Culleredo e Camariñas, das seguintes categorías: Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.

O torneo comezará as 10 da mañá, e seguidamente terá lugar a entrega de premios, as 14:00 horas., para despois os xogadores e xogadoras de todos los clubs, na compaña dos pais e nais, adestradores, directivos e patrocinadores, rematarán con una gran comida de confraternidade, para mais de 250 persoas, e así despedir a tempada con todos os amigos e amigas do balonman.


Por outra banda, con esta festa de clausura, finalizan por esta tempada, as actividades extraordinarias que se viñeron a celebrar ao longo do ano, dende o mes de Agosto pasado:

A Festa de despedida do vran (Agosto 2013)
Magosto no Pavillón (Novembro 2013)
Torneo do Nadal categorías base (Xaneiro 2014)
Festa do Antroido (Marzo 2014)
Torneo do Encaixe (Abril 2014)
Torneo Internacional feminino “130 anos Conservas Boya” (Maio 2014)
Torneo Clausura escolas balonmán “130 anos Conservas Boya” (Xuño 2014)
Festa de Clausura tempada 2013-2014 (Xuño 2014)

Agardamos que pasedes un bo día en compaña da xente do balonmán, contamos con vos.

Andrés Cerdeiras Lemús
Presidente C. Bm. Camariñas

Engadir un comentario