1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A carreira San Silvestre Camariñá, nace co obxectivo de converter este evento deportivo nunha cita atractiva, ao longo dos anos, para todas aquelas persoas interesadas en participar nun ambiente festivo,  nunha actividade que non exclúe a ninguén, senón que se abre a todo o mundo dende unha perspectiva de actividade para a saúde, social e apta para tod@s. O importante do deporte é participar del e nel, e polo tanto, empezar e rematar esta carreira, de aí que, para percorrer a distancia de 5600m da proba absoluta haberá 1 hora para rematala, o que a fai accesible incluso para @s que a queiran facer camiñando e en compaña do resto de participantes.

INSCRICIÓNS:


CARREIRAS BASE (gratuítas)
As inscricións entregaranse nas conserxerías dos Centros Educativos de Camariñas ou realizaranse presencialmente no Concello de Camariñas no Departamento de Deportes.

PARA OS QUE NON ESTUDEN NOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO NO email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. cos seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento completa, Localidade, Provincia, e-mail de contacto, teléfono de contacto.

Data límite para as carreiras de base o venres 20 de decembro.

TODOS @S MENORES A SÚA INSCRICIÓN SERÁN CON PERMISO PATERNO que se poderá descargar na páxina web do Concello de Camariñas.

CARREIRA ABSOLUTA (6€, 2080/0061/53/3040002445 co concepto San Silvestre Camariñá. @s participantes desta carreira levarán Chip.

Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, Localidade, Provincia, e-mail de contacto, teléfono de contacto, e tamén se é veciñ@ do Concello de Camariñas e o resgardo de ter aboado os dereitos de participación. No email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Data límite para a carreira absoluta o luns 23 de decembro ás 13´30.

MÁIS INFORMACIÓN Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 981-736000


Engadir un comentario