5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (4 Votes)
A carretera de alta capacidade que terá a función de vertebrar a Costa da Morte co resto de Galicia funcionará coas carácterísticas dunha autovía desde o primeiro momento entre Carballo e Baio. A Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte terá características de autovía dende o primeiro momento no treito entre Carballo e Baio. Un total de nove ofertas presentáronse ao concurso para a construción e explotación desta infraestrutura

Santiago, 30 de outubro de 2007.- A Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte terá características de autovía dende o primeiro momento no treito entre Carballo e Baio, xa que todas as empresas que se presentaron ao concurso inclúen esta característica nas súas ofertas.

Hoxe mesmo, a Mesa de Contratación da VAC da Costa da Morte abriu as plicas do concurso para a construción e explotación desta infraestrutura, á que optan un total de nove agrupacións de empresas. Tal como xa prevía a CPTOPT, o volume de tráfico da zona xustifica a necesidade de construción dunha autovía dende o primeiro momento ata a localidade de Baio, e así se reflicte en todas as ofertas presentadas. Ademais, mantense o compromiso de que o corredor no treito entre Baio e Berdoias se desdobre en autovía no momento en que o volume de tráfico así o requira ou, en calquera caso, no horizonte temporal de 2018, tal como se especifica no prego de condicións.

Tras coñecer as ofertas económicas presentadas, a Mesa de Contratación analizará de xeito pormenorizado as ofertas técnicas de cada unha das agrupacións que optaron ao concurso, para posteriormente elaborar unha proposta de adxudicación das obras. Cómpre lembrar que, tal como se establece do prego de condicións así como na Lei de Concesións pola que se rexe este tipo de obras, os aspectos técnicos suman o 60% da puntuación, fronte ao 40% que representan os aspectos económicos.

A CPTOPT dispón dun prazo de seis meses para adxudicar as obras. Unha vez adxudicadas, a empresa concesionaria deberá presentar un proxecto construtivo para a súa aprobación por parte da Consellería e, posteriormente, iniciar o proceso de expropiacións. Completados todos os trámites administrativos, Política Territorial prevé que as obras comecen a finais do vindeiro ano 2008.

As empresas que se presentaron ao concurso foron as seguintes agrupacións:
Ferrovial-Taboada y Ramos
Corsán-Puentes y Calzadas-Elsamex
Iridium-Extraco-Francisco Gómez-Dragados
Globalvia-Gerpe-FCC
Arias-Aldesa-Copasa-Caixa Galicia
Acciona-Alcuba
San José
Itínere-Caixanova
OHL-López Cao-Carnaga-Casais

Comentarios   

gancho loco
+3 # Xa vai sendo horagancho loco 04/11/2007 10:17
Dado o gran volumen de tráfico que ten esa estrada, xa están tardando en convertila en autovía. En outras zonas de España teñen autovías con moito menos tráfico.
Responder | Denunciar ante o administrador