1.8 1 1 1 1 1 Rating 1.80 (10 Votes)
NOta de prensa que nos manda a Concellalía de Servizos Sociais do Concello de Camariñas e na que nos mostran as últimas novidades que teñen pensado organizar en prol da igualdade neste concello.

 Novos proxectos para a igualdade en Camariñas

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas
 

O concello de Camariñas a través da concellería de servizos sociais , igualdade  e saúde vai levar  a cabo na ultima quincena do mes de novembro vai celebrar distintos actos a favor da IGUALDADE. Igualdade com maiúsculas por tratarse de:

Obradoiro para a prevención da violencia de xénero os días 18,19 e 20 de novembro con alumnado de 4º da ESO, entre 15 e 18 anos.

Obradoiro para a tolerancia os días 17,19 e 21 de novembro con alumnado de 2º da ESO.

Obradoiro para a mocidade “Ti tes Moito que dicir” , coincidindo co 25 de novembro  día internacional da eliminación da violencia de xénero, para rapaces/as de entre 15 e 16 anos .

Estes obradoiros levaranse acabo no IES “ Pedra da Aguia” de Ponte do Porto e están subvencionados por:

  • Secretaria de Estado de inmigración y emigración do ministerio de traballo e inmigración
  • Secretaria xeral de emigración da Presidencia da Xunta de Galicia.
  • Secretaria xeral da Igualdade da vicepresidencia da Igualdade e do benestar
  • Concello de Camariñas

Coa desculpa de celebrar o día internacional a favor das persoas con minusvalias en colaboración coas asociacións ASPADEX de Ceé e A Escada de A Coruña vamos a levar a cabo as seguintes actividades:

24 de Novembro obradoiros de integración nos ceip de Camariñas e Ponte do Porto . Donde os rapaces de ASPADEX nos van mostrar como traballan e ensinarannos e encadernar e enmarcar distintos obxectos.

26 de novembro participaran os alumnos desta asociación e distintas actividades cós alumnos de 3º da ESO, deportivas, informativas e demostración de traballos.

28 de novembro
xunto co alumnado  da Escola Obradoiro “Aldea Madeira “ , Asociación A Escada de A Coruña e asociacións ASPADEX de Ceé vamos a ter un día de convivencia donde vamos a traballar no xardín , na cociña, no comedor e con diversos xogos . Vamos acabar cunha comida comunitaria entre todos.

Mª Carmen Linares Chica
Concelleira de servizos sociais
Igualdade e saude.

Engadir un comentario