3.4 1 1 1 1 1 Rating 3.40 (10 Votes)
O Técnico dinamizador da Sociedade da Información do Concello de Camariñas, Óscar Clapés, organiza un curso de manexo de móbiles para maiores.

NOTA DE PRENSA

Logo R.D.S.I.
Logo R.D.S.I.

Concello de Camariñas-Rede de Dinamización da Sociedade da Información

Ábrese o prazo de inscrición o obradoiro de “manexo do móbil para maiores”
 
A iniciativa da  Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros  de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
 
O concello de Camariñas, concellería de servizos sociais en colaboración co técnico dinamizador da Sociedade da información, Óscar Clapés, abre a inscrición para o obradoiro “Manexo do móbil para maiores”, de 4 horas e media de duración, que se desenvolverá desde o día 29 até o día 31 de Outubro no Centro de Iniciativas Empresariais  de 19:00 a 20:30, e que ten como obxectivo principal promover o uso das tecnoloxías nas persoas maiores, colectivo onde a fenda dixital faise máis evidente.
 
Con esta actividade preténdese conseguir, dun xeito progresivo, que os asistentes sexan quen de realizar as funcións máis usuais no uso do móbil, coma realizar chamadas, engadir contactos á axenda e escribir e enviar sms.
 
Para inscribirse ao obradoiro é necesario ter cumpridos os 60 anos e o horario de inscrición é o seguinte : De tarde de luns a venres de 16:00 a 21:00 e de mañá: luns, mércores e venres de 11:00 a 15:00 . Para inscribirse e/ou máis información para este ou outros obradoiros , dirixirse ao Centro de iniciativas empresariais, primeiro andar , aula de informática da rede de dinamización ou ben , chamar ao teléfono 981 73 65 06.
 
Para máis información sobre o proxecto  pódese acudir ao  portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.