3.6666666666667 1 1 1 1 1 Rating 3.67 (3 Votes)

Chéganos dende o Concello de Camariñas unha nova iniciativa da Área de Igualdade. Pulsa en "ler todo" para ver a nota de prensa que nos mandan desde a Casa de Pedra.

OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES “QUÉRETE”

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas
 

A Área de Igualdade do Concello de Camariñas ten o pracer de informarlles do comezo do prazo de inscrición do obradoiro que se enmarca dentro do programa de intervención e acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero “ Hai outro lado”. Esta iniciativa está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

O obradoiro terá lugar os meses de outubro e novembro e será os luns e xoves de 19:30 ata as 20:30h. O obradoiro defínese como un programa de autonomía persoal dirixido a mulleres do noso concello maiores de 18 anos. En breve remitirémoslles a información do programa completo “Hai outro lado” para estes próximos meses.

Ademais de esta actividade imos levar a cabo o CURSO DE PRODUCIÓN AUDIOVISUAL “Situación laboral das mulleres de Camariñas en traballos feminizados” que non se puido desenvolver nos meses de verán e o retomamos coa volta do outono.

O curso terá lugar estes próximos meses e mesturaranse participantes adultos con mocidade en idade escolar. Preténdese crear un lugar de encontro entre ambas xeracións, que sirva para comparar as visións de ambas nun tema de máxima importancia social.

Para mais información póñanse en contacto coa técnica de igualdade no teléfono 981-737004


 

 

Engadir un comentario