3.5882352941176 1 1 1 1 1 Rating 3.59 (85 Votes)

Ponse en marcha o Programa Navegando entre Culturas

Navegando entre culturas vai destinado principalmente á poboación inmigrante e emigrante retornada
Navegando entre culturas vai destinado principalmente á poboación inmigrante e emigrante retornada

Pois comenzan a chegar as notas de prensa a camarinas.eu. Outra cousa non tería sentido tendo como teñen á súa disposición a web con moita diferencia máis visitada de toda a Costa da Morte. Así, nesta ocasión quen obrou ca intelixencia que se supoñe sempre deben ter os poderes públicos foi a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Camariñas que está levando a cabo un programa denominado "Navegando entre culturas" que ten por obxectivo a boa convivencia entre veciños. Dentro da noticia podedes atopar o díptico que elaborou a Concellería para achegar aos veciños do Concello este Programa.


A Concellería de servizos sociais e igualdade do Concello de Camariñas vai poñer en marcha nestes días e durante os meses de setembro, outubro e novembro o Programa "Navegando entre Culturas", o cal será financiado na súa maior parte pola Secretaría Xeral de Emigración da Presidencia da Xunta de Galicia e que ten como principal colectivo social destinatario á poboación inmigrante e emigrante retornada que reside actualmente no noso Concello. Esto sen dúbida aledará sobremaneira a algúns dos nosos usuarios que tan enorme e heróicamente defenden a causa dos pobos desfavorecidos do mundo, como o saharaui (entre outros).
 
O citado Programa recolle entre outras actividades clases de español e galego para alumnos de tódalas idades, clases de reforzo educativo, un programa de acompañamento social e educativo para veciños asemesmo de tódalas idades, apoio e asesoramento a mulleres, apoio e asesoramento legal e un programa de inserción laboral dirixido a poboación en idade laboral. Non se esgota aquí "Navegando entre Culturas", xa que ademáis trae consigo unha serie de talleres educativos que engloban un obradoiro para a tolerancia, contos para o tolerancia, un obradoiro multicultural e outro de danzas do mundo, e que serán impartidos en principio no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto e nos CEIPS de Camariñas, Camelle e Ponte do Porto. Finalmente, para rematar só queda engadir que para solicitar máis información ou inscribirse en calqueira destes programas ou talleres teredes que dirixirvos ao personal da Casa de Pedra (tlfns: 981 73 70 04 - 981 73 61 99).

O novo Programa do Concello xa está aquí
O novo Programa do Concello xa está aquí

Díptico elaborado polos Servicios Sociais do Concello de Camariñas
Díptico elaborado polos Servicios Sociais do Concello de Camariñas
 


 


Comentarios   

mantida
0 # mantida 15/09/2008 17:31
nyu boa inisiativa o que quere faser o noso consello sobre todo pa este xente que chejan aquí sin saber nada de español e de jallejo, pareseme muy ben.
Responder | Denunciar ante o administrador