Nova iniciativa da Área de Igualdade do Concello de Camariñas que tentará reunir un Consello da Muller formado por distintas persoas que loitan pola igualdade no noso concello.

CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER DE CAMARIÑAS

Image O persoal da Área de Igualdade do concello de Camariñas tivo onte unha reunión  con mulleres camariñanas implicadas no traballo pola igualdade de oportunidades e polos dereitos das mulleres, para a futura creación do Consello Municipal da Muller. O tratado nesta terceira xuntanza xirou en torno a decidir a redacción definitiva dos estatutos do consello para a súa aprobación no pleno municipal  e posterior constitución.

O Consello Municipal da Muller ten natureza xurídica dun órgano consultivo do pleno do concello no referente as políticas de xénero en todas as súas actuacións como administración.

A súa finalidade é colaborar co concello para orientar, propor, executar e avaliar a citada política na realidade local de Camariñas e axudar para a adopción das medidas que poidan servir para o seu desenvolvemento e a súa promoción.

O consello municipal da muller de Camariñas será un órgano democrático de participación cidadá. A participación das mulleres convértese, por tanto, nun instrumento de gran importancia a hora de desenvolver estratexias e buscar respostas a toda a problemática que engloba a súa diversa realidade, facilitando que estas poidan aportar a súa propia experiencia, capacidade e perspectiva. De esta maneira, faise imprescindible a creación dun órgano que articule dicha participación.


 

Engadir un comentario