2.8333333333333 1 1 1 1 1 Rating 2.83 (6 Votes)

Image

O Concello de Camariñas desde a súa Concellalía de Desenvolvemento Económico e Servizos Sociais inaugura este mércores un programa pilóto que tentará unir as parroquias do Concello mediante un autobús para todas aquelas persoas que necesiten acercarse aos seus respectivos centros médicos e administrativos.

O próximo mércores día 6 de agosto o Concello de Camariñas comenza cun programa piloto que lle chamamos "Autobús de Acción Social" organizado dende as Concellerías de Desenvolvemento Económico e Servizos Públicos e a de Servizos sociais. Este programa que sirve para mellorar a comunicación entre os distintos núcleos de poboación, sobre todo aqueles núcleos máis pequenos e con menos servizos, pensouse para que os veciños poidan acercarse aos seus centros médicos, bancos e administración local. Consiste nun programa piloto e gratuíto durante o resto do ano 2008 no que tódolos 1º e 3º mércores de cada mes un autocar sairá ás 07:30 de Brañas Verdes con ruta "Brañas Verdes-Santa Mariña-Arou-Camelle-Ponte do Porto-Allo-Dor-Xaviña-Camariñas" e volverá ás 12:00.

Engadir un comentario