3.4 1 1 1 1 1 Rating 3.40 (5 Votes)
O Concello de Camariñas organiza o Día internacional do Libro Infantil cunha serie de contacontos na Casa do Alemán en Camelle.
ImageO concello de Camariñas celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL cun contaconcontos, será o 2 de abril ás 18:00h na axencia de lectura da Casa do Alemán en Camelle.

Tódolos anos, o 2 de abril, o IBBY (internacional Board on Books for Young People) celebra o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Cada ano é un país membro desta Organización Internacional o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a tódolos nenos do mundo.

Para o 2008, a sección de Tailandia distribúe o cartel e a mensaxe de Chakrabhand Posayakrit.


Engadir un comentario