1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O pasado martes, día 1 de Marzo, o equipo de protección civil de Camariñas trasladouse até a Coruña para entregar material humanitario para a Ucraína. Nel atopábanse elementos como roupa, comida, produtos de hixiene persoal e cueiros para bebés. Tamén contiña material contra a COVID como equipos de protección persoal, produtos de desinfección e máscaras antigas das que dispoñía o Concello.

A entrega realizouse na tenda CHILSA77 e o Concello segue en contacto con eles para a realización de novas recollidas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.