1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Nos últimos anos o turismo de deporte e actividades ao aire libre creceu en gran medida, máis dende a situación epidemiolóxica que se está a vivir dende fai un ano. Neste eido as rutas do Camiño dos Faros están a cobrar especial relevancia e no Concello de Camariñas hai un total de 3 das 7 que o compoñen: Laxe-Arou, Arou-Camariñas e Camariñas-Muxía.

Os seus usuarios e usuarias son un importante aliciente para a hostalería local, así como outros comercios que se benefician coa presenza dos visitantes. Por iso nestes días, antes de que de comezo a época estival, incoáronse os traballos de roce dos camiños e a súas limpeza, así como o acondicionamento da súa contorna para facelos máis visibles e accesibles.

Ao rematar os traballos nestes itinerarios procederase a executar uns de xeito similar na Ruta dos Muíños, situada na Ponte do Porto.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.