5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

A iniciativa do “MerCamariñas” xorde coa intención de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que así poidan vender os seus produtos a través da internet. Adherirse a esta campaña é totalmente gratuíto e contará co xestionamento técnico da empresa local WP Nordés. Os comerciantes so se terán que encargar dos produtos que poñan á venta e de promocionar o seu espazo nas redes sociais.

Para poder levar a cabo estas tarefas o Concello de Camariñas proporcionou unha formación previa aos responsables de cada establecemento. Esta realizase a través de sesións prácticas nas que se tratan temas como: a fotografía de produto de calidade mediante smartphone, edición fotográfica fácil, xestión da tenda virtual, como escribir para que Google coloque á tenda nos resultados de busca ou para estimular ao cliente a comprar e, ademais, tamén se asesorará na creación e xestión das redes sociais do negocio.

Deste xeito, nesta fin de semana pasada saíu as redes o spot publicitario da plataforma de venta en liña “MerCamariñas”. No vídeo pódense ver aos primeiros 20 participantes nos seus establecementos portando o logo do proxecto. Estes xa están a traballar na iniciativa e aprendendo a xestionar os seus espazos na web www.mercamarinas.com.

O dominio xa está operativo, mais non a plataforma de venta online que está previsto que abra de cara ao público proximamente. A iniciativa xa conta cun total de 40 establecementos adheridos. O prazo para participar nel segue aberto e o único que se precisa para formar parte do “MerCamariñas” é entrar na web e cubrir o formulario que se atopa nela.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.