5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

O Concello de Camariñas vén de facer público o proceso de contratación de sete peóns ao abeiro da liña de axudas para a contratación ‘PEL Concellos’, promovida pola Deputación da Coruña dentro do seu Plan de Emprego Local para e dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación das axudas polo que a recepción de solicitudes rematará o vindeiro 11 de xuño. As tarefas das que se encargarán estes operarios municipais serán: traballos de mantemento e limpeza de cunetas e taxeas das vías e pistas do Concello; desbroces e limpezas, melloras no firme, arranxos en beirarrúas, prazas, sumidoiros e muros...

 

A convocatoria está dentro do programa de axudas á contratación ‘PEL Concellos’, da Deputación da Coruña. O Concello tamén saca a contratación catro prazas de socorrista.

Ademais, o Concello tamén fixo público hoxe o proceso de contratación temporal de catro socorristas, a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Industria. As persoas interesadas dispoñen de tres días hábiles a contar desde a publicación no taboleiro de anuncios municipal. Toda a información sobre as bases desta convocatoria poderá atoparse na web municipal www.camarinas.net no apartado de ‘Taboleiro de Anuncios’.

Engadir un comentario