1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O servizo de orientacion laboral dos concellos de Camariñas e Vimianzo está a organizar en colaboración coa Cámara de Comercio a visita á Feira de Emprego que terá lugar o dia 1 de marzo na Coruña. Esta feira ofrece á mocidade desempregada contacto directo con empresas que buscan persoal para contratar e ás que pode entregar curriculum e mesmo facer entrevistas persoais. Tamen haberá seminarios, conferencias e obradoiros e asesoramento de profesionais de recursos humanos para mellorar as competencias persoais e o perfil profesionale da mocidade

CAMARIÑAS E VIMIANZO CONTARÁN CON TRANSPORTE GRATIS PARA ASISTIR Á FEIRA DE EMPREGO DA CÁMARA DE COMERCIO DA CORUÑA

As persoas interesadas en participar deben estar inscritas no programa de Garantía Xuvenil ademáis de presentar solicitude de inscrición asinada na Casa de Pedra de Camariñas ou no Concello de Vimianzo presencialmente ou ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A mocidade inscrita poderán ter un autobús gratuito de ida e volta ao recinto feiral. Tamén terán á súa disposición o servizo de orientacion laboral municipal para facilitar a confección dos curriculums e preparar as entrevistas persoais que desexen concertar na feira.

O Prazo para inscribirse é ata o xoves 22 de febreiro. Para máis información contactar co Servizo de Orientación Laboral no 981 737 004. A solicitude pode descargarse neste enlace.

Engadir un comentario