4.48 1 1 1 1 1 Rating 4.48 (25 Votes)

Os cursos de informática para maiores: un éxito

Os cursos están sempre moi animados
Os cursos están sempre moi animados

Óscar Fernández Clapés, técnico dinamizador no Concello de Camariñas pertencente a Rede de Dinamización da Sociedade da Información fíxonos chegar a camarinas.eu unha nota de prensa anuinciando diversos cursos especiais para persoas maiores. Camarinas.eu, sempre presente en todas as iniciativas de caracter social e cultural innovadoras non podía limitarse a publicar só esta nota se non que preparou o seu destartalado equipo e pasou unha tarde no curso de "Primeiros pasos informáticos para maiores", curso que co-organiza a Concellalía de Servizos Sociais.
Pulsa na foto para ver un video, unhas fotos do curso e a nota de prensa completa.

Nota de Prensa: Obradoiro de primeiros pasos informáticos para maiores

A iniciativa da  Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e otros  de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
O Concello de Camariñas , Concellería de Servizos Sociais en colaboración co técnico dinamizador  da Sociedade da información , Óscar Clapés , ten previsto comezar un obradoiro de primeiros pasos informáticos para maiores , de 16 horas de duración, que se desenvolverá no Centro de Iniciativas Empresariais (Ao carón do centro de saúde de Camariñas) desde o día 7 até o día 19 de Febreiro co seguinte horario : Luns , Martes , Xoves e Venres de 18:00 a 20:00 .
Con esta actividade preténdese motivar á xente maior de 60 anos no uso da informática e máis concretamente da internet , tentando que descubran un mundo virtual cheo de oportunidades de comunicación , de información e , sobretodo un mundo no que eles sexan protagonistas .    
Para máis información sobre este e outros obradoiros pódense achegar ao 1º Andar do Centro de iniciativas Empresariais no seguinte horario : Luns , Mércores e Venres de 11:00 a15:00 e de Luns a Venres de 16:00 a 21:00 . Teléfono 981 73 65 06

Comentarios   

karina
0 # karina 19/02/2008 19:44
noraboa diego por esta reportaxe,da justa ver a señora kecha e os demas entrando na nosa paxina,,,,,mima que pasada,donche un 10
Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 19/02/2008 19:50
Ahi estamos,,,eso está ben,,servicios sociais e tecnoloxia para os máis maiores.Son obras q non se ven,non se poden inaugurar pero son arte nas persoas,coñecem ento e porvenir,,,moi bo detalle este reportaxe,,fas majas Net,,saúdos
Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 19/02/2008 19:57
Tamen lle quero dar a Noraboa ao técnico q impartiu os cursos polo bo traballo realizado cos nosos maiores,,,Norab oa Oscar
Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 19/02/2008 21:03
que gusto da ver a xente mallor aprendendo o que quer desir que nunca e tarde para a prender que sigan asi enorabuena
Denunciar ante o administrador
Langhran
0 # Langhran 21/02/2008 19:37
Que pasada de reportaxe Diego , mil gracias rapaz , e gracias tamén aos comentarios pero Dieguiño ten coidado con estes cacho alumn@s que tuven , que como te descoides Diego móntanche unha web e danlle avante :-) .
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.