O Concello de Camariñas co cofinanciamento da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e a colaboración da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, organiza unha campaña de INCENTIVACION AO CONSUMO NO MERCADO E COMERCIOS 2014 con actividades que se desenvolveran dende este final de mes de novembro. Esta campaña chamase  “Merca no teu Concello, merca en Camariñas” e constará de varias actividades:

- Xuntanzas de formación e información para comercios do concello e o mercado municipal para a promoción dunha rede de traballo e a organización de actuacións que impulse as vendas. Serán os días 18 e 25 de novembro na Casa de Pedra ás 19:30h.
- Actividades co mercado municipal: Nas datas da campaña, as persoas que compren no mercado poderán degustar algúns dos seus produtos elaborados polas placeiras e serán agasallados con bolsas de promoción do mercado municipal.
- Durante a Campaña a praza do Mercado e algunhas zonas de Camariñas estarán engalanadas e proporcionarán información sobre o programa.
- Realizarase cos comercios adheridos a esta campaña e á rede unha actividade chamada A Busca do Tesouro onde os clientes poderan participar e levar un premio de 200€ para gastar nos comercios participantes. Todos os comercios participantes lucirán un distintivo para que o cliente poda identificalos
- Os comercios realizarán descontos de entre o 10% e 0 30% nos seus establecementos durante as datas de campaña que se inicia o sábado 29 de novembro.
- Ruta das tapas “Como outono” realizarase nas datas da campaña coa colaboración da hostalería de Camariñas e as súas parroquias
- Concurso foto tapas Como outono. Realizarase durante a campaña un concurso nas redes sociais con premios para as tres fotos seleccionadas por su calidade ou simpatía.

Pode participar en este programa todos os comercios do Concello que asinen a solicitude de participación na xuntanza do 18 de novembro ás 19:30h na Casa de Pedra de Camariñas.

Engadir un comentario