O Concello de Camariñas presenta mañá nos colexios de Camariñas e de Ponte do Porto a unidade didáctica "Descubrindo a cultura mariñeira de Camariñas", incluída nas accións do proxecto Camariñas, o mar todo. Como non hai nada mellor que aprender primeiro o que é noso, invitamos a todos os nenos de Primaria a vivir a aventura formulada e realizar os exercicios propostos. Un magnífico xeito de gozar aprendendo!

- 10.30-11.30h. Colexio de Camariñas (De 4º a 6º de Primaria).
- 14.30-15.30h. Colexio de Ponte do Porto (De 4º a 6º de Primaria).

Comentarios   

o mar e a nosa vida
+2 # aos raparigoso mar e a nosa vida 17/11/2014 19:21
o mar é a nosa vida ,as nosas terras teñen como fronteira no seu maior parte o mar, do vivimos en moitas das súas formas ,faenando , pescando cunha cana , deleitandonos das súas paisaxes , o mar forma parte da nosa vida , sen o seriamos outra cousa moi distinta ,viva o mar e todo canto nos dá , viva nosa Virxe da Carmen
Responder | Denunciar ante o administrador