5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
O programa LecerConsumo 2014 tivo unha moi boa resposta por parte dos e das participantes do concello de Camariñas. Xa que o número de nenos e nenas destinatarias foi moi numeroso. Os máis cativos e cativas disfrutaron coa actidade proposta para a súa idade “Xogar é de Balde”. Os rapaces e rapazas de maior idade participaron na nosa xincana, onde realizaron un bo traballo e uniron esforzos para finalmente crear os seus propios anuncios sobre as diferentes actividades de lecer que nos ofrece o concello de Camariñas, que son moitas! Desde a EGC queremos agradecer aos monitores e monitoras o seu esforzo e traballo para poder levar a cabo as actividades cun resultado moi positivo!!!

Fonte: Escola Galega de Consumo

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.