1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas ven de crear a páxina en facebook Camariñas, todo Mar. Costa da Morte para promover o turismo no municipio. Esta páxina, que xa ten 1.000 seguidores, foi creada dentro do proxecto “Camariñas, o mar todo” financiado polo GAC 3 Costa da Morte. A nova páxina permitirá crear unha comunidade de usuarios en torno aos atractivos e as actividades turísticas levadas a cabo no municipio polo concello e pola rede turística na que participan a hostalaría, a asociación de empresarios e outras entidades. A páxina busca ser un medio para acercar información ás persoas que nos visiten e, ademais, ser un lugar para a participación compartindo opinións, coñecementos e fotografías. Precisamente, unha das próximas iniciativas será a celebración dun concurso fotográfico que se anunciará nas vindeiras datas. Durante un tempo convivirá có perfil xa existente Camarinas Todo Mar. Para facilitar esta transición, pedimos ás persoas que son amigas do perfil que lle dean ao “Me gusta” na nova páxina Camariñas, todo Mar. Costa da Morte.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.